Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ACTORES LUIS BERMEJO, AITANA SÁNCHEZ GIJÓN E CASILDA ALFARO PROTAGONIZAN OS TRES ÚLTIMOS MONÓLOGOS DO FESTIVAL SINGULAR
OS ACTORES LUIS BERMEJO, AITANA SÁNCHEZ GIJÓN E CASILDA ALFARO PROTAGONIZAN OS TRES ÚLTIMOS MONÓLOGOS DO FESTIVAL SINGULAR
Os espectáculos, coorganizados polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2 terán lugar nas xornadas do 17, 18 e 19 de marzo no Café Teatro do Pazo da Cultura
Narón, 15 de marzo de 2017. O Festival do monólogo teatral Singular, impulsado polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2, rematará esta fin de semana cos tres últimos espectáculos dos cinco programados nesta segunda edición do ciclo, tal e como recordou a vicepresidenta do organismo, Marián Ferreiro. O venres día 17 será o actor Luis Bermejo o encargado da función El minuto del payaso, a cargo da compañía Teatro El Zurdo. O monólogo, dunha hora e media de duración, dará comezo ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e as entradas poden adquirirse a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 no caso de abonados, menores de 14 anos e desempregados. El minuto del payaso concíbese a modo dunha función benéfica que se desenvolve con motivo do “Festival de homenaxe ao circo” e a través da que suceden varios números circenses mentres un pallaso espera a súa quenda para actuar.
Na xornada do sábado 18 estará no Pazo a actriz Aitana Sánchez Gijón, que no marco do Festival Singular interpretará o monólogo Medea, de Teatro de la Ciudad. Dirixida por Andrés Lima e versionando un clásico de Séneca, a recoñecida actriz meterase na pel de Medea para retomar unha traxedia a través dun formato íntimo. Sánchez Gijón dará voz e interactuará con todos os personaxes da obra, se ben Medea cobrará un papel protagonista e cun marcado carácter humán. O monólogo dará comezo ás 20.00 horas e o prezo das entradas é de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e menores de 14 anos.
O último dos espectáculos programados no Festival do monólogo teatral Singular terá lugar o domingo día 19, a partir das 19.00 horas, tamén no Pazo. Casilda Alfaro será a protagonista de Pegadas, unha peza de teatro contemporáneo de Teatro de Ningures. Ao longo dunha hora a actriz interpretará varios personaxes que a acompañaron na súa traxectoria profesional no mundo do teatro, maioritariamente mulleres, aínda que tamén un home. Esas historias permitiránlle a Casilda Alfaro analizar e realizar un balance da súa propia vida e dos momentos compartidos con diferentes persoas que estarán presentes nas historias do seu monólogo. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
O Festival do monólogo teatral Singular, iniciouse o pasado 10 de marzo, co espectáculo A Noiva de Don Quixote, protagonizado pola actriz Mercedes Castro e coproducido polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora Eme2, e que tamén se representou o 11 de marzo. O segundo monólogo, Desconexión, tivo lugar o 12 de marzo, e protagonizouno Xurxo Cortázar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal