Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SEGUNDA EDICIÓN DA LIGA IMPACT MODERN 2017 TERÁ LUGAR NO LOCAL SOCIAL DO ALTO
O Concello e a Asociación Cultural Impact organizan a convocatoria, que comezará na mañá do sábado 18 de marzo
Narón, 16 de marzo de 2017. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá o vindeiro sábado, día 18, a segunda edición da Liga Impact Modern (LIMO) 2017, do xogo de cartas Magic the gatering. A iniciativa, impulsada a través da Asociación Cultural Impact e do Concello de Narón, prevé reunir a medio cento de persoas nesta nova convocatoria, tal e como indicaron desde a Asociación Cultural Impact. O que será o segundo dos oito torneos que se celebrarán da LIMO este ano dará comezo ás 10.30 horas. Está confirmada a asistencia de xogadores procedentes de Narón, Ferrol, A Coruña, Santiago, Melide e doutras localidades da provincia e tamén de persoas chegadas desde Asturias, moitas delas asiduas a este tipo de torneos. Os participantes tratarán de acadar unha das cinco prazas coas que conta a entidade para poder competir na final rexional galega de Modern no mes de decembro. A cita será novamente no local social do Alto, tal e como avanzaron desde a asociación, debido a que un dos gañadores da pasada edición foi un dos finalistas do certame celebrado en Narón. A maiores do torneo da Liga Impact Modern 2017, na que se repartirán importantes premios para os mellor clasificados, desenvolveranse durante a tarde unha serie de eventos paralelos para os xogadores que resulten eliminados, como torneos paralelos de Modern.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal