Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DA ACTIVIDADE "O RECUNCHO DOS PEQUECHOS" VISITA O TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS DO PADROADO DA CULTURA
ALUMNADO DA ACTIVIDADE
Nenas e nenos de 3 e 4 anos coñecerán as instalaciónS e realizarán coa axuda de monitores as súas propias trécolas, un instrumento tradicional galego
Narón, 20 de marzo de 2017. “Coñece e constrúe o teu propio instrumento tradicional” é o nome dunha nova actividade impulsada desde o Padroado da Cultura de Narón e que se desenvolverá dende hoxe ata o día 31 deste mes. Alumnado da actividade “O Recuncho dos pequechos” (das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura e dirixida a nenas e nenos de 3 e 4 anos) participará nunha visita guiada ao taller de instrumentos tradicionais, localizado no Pazo da Cultura de Narón, e na que colaborarán Sonia Busto e Cristina Alonso –directoras e monitoras do curso “O Recuncho dos Pequechos”- e Emilio Romero –mestre artesán do obradoiro de Construción de instrumentos tradicionais-. Nun segundo apartado desta iniciativa, os nenos e nenas terán a oportunidade de crear o seu propio instrumento, que nesta ocasión serán unhas tradicionais “trécolas” galegas (instrumento realizado con madeira). Nesta proposta participarán corenta menores que se repartirán en catro grupos.
Desde esta tarde e ata o 24 deste mes os nenos e nenas decorarán o material das trécolas, axudados polas súas monitoras, de xeito que poderán ir coñecendo ao mesmo tempo as diferentes partes do citado instrumento musical e familiarizarse con el. En total pintarán doce táboas de madeira e os dous pomos que as compoñen, tal e como indicaron os responsables da actividade. Os participantes traballarán hoxe día 20 –de 16.30 a 18.00 horas-; o mércores 22 –dous grupos, un de 16.30 a 18.00 e outro de 18.00 a 19.30- e o xoves 23 –de 17.45 a 19.15-.
A semana seguinte, do 27 ao 31 de marzo, os menores desprazaranse ao taller para poder tocar e coñecer outros instrumentos musicais da tradición galega, cómo se fabrican e con qué materiais, para posteriormente rematar as trécolas cuxas pezas decoraron previamente coas monitoras. As visitas, que tamén se levarán a cabo en grupos, programáronse para o vindeiro luns 27 de marzo –de 16.30 a 18.00-, o mércores 29 –dous grupos, un de 16.30 a 18.00 e outro de 18.00 a 19.30- e, por último, o xoves 30 –de 17.45 a 19.15 horas-.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal