Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CANTAUTORA GUADI GALEGO INTERPRETARÁ NO PAZO TEMAS DO SEU DISCO "O MUNDO ESTÁ PARADO"
A CANTAUTORA GUADI GALEGO INTERPRETARÁ NO PAZO TEMAS DO SEU DISCO
O concerto desta recoñecida cantautora galega terá lugar o 25 de marzo, a partir das 20.00 horas, e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo
Narón, 21 de marzo de 2017. Unha das cantautoras galegas máis recoñecidas a nivel nacional e internacional, Guadi Galego, estará este sábado, día 25, no Pazo da Cultura. Alí interpretará temas do seu último disco, O mundo está parado (2016), o seu terceiro álbume en solitario. O concerto dará comezo ás 20.00 horas e terá unha duración de algo máis dunha hora. As entradas para poder asistir están xa á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
Guadi Galego contou neste disco coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro e Karlos Abal, entre outros, e o resultado do seu traballo foi un álbume con dez temas nos que a sensibilidade está presente a través das variadas letras. A propia cantautora galega é a autora de seis dos dez temas que compoñen este disco.
A traxectoria profesional de Guadi Galego estivo vencellada durante unha década ao grupo Berrogüetto (entre 1998 e 2008), donde foi gaiteira, pianista e vocalista. Finalizada esta etapa, a cantautora traballou con outras formacións musicais durante un breve período de tempo, xa que no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario, que estivo pragada de éxitos e recoñecementos a nivel nacional e internacional. Entre os últimos, destacan o Premio da Crítica Galicia de Música e o Premio Bos e Xenerosos da Fundación Musical Eduardo Pondal (ambos concedidos no ano 2015). Benzón foi o seu primeiro álbume en solitario, ao que seguíu Lúas de outubro e agosto.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal