Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVOS DESVÍOS DE TRÁFICO NA GÁNDARA CON MOTIVO DAS OBRAS DO SANEAMENTO
A medida afecta a un tramo da rúa Concepción Arenal e desde a Concellería de Seguridade Cidadá agradécese a colaboración da veciñanza; así mesmo, solicitanse desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar mentres se manteñan en vigor as restricións
Narón, 22 de marzo de 2017. O pasado luns axentes da Policía Local de Narón e Ferrol e responsables da dirección da empresa que executa as obras de saneamento mantiveron unha xuntanza na zona da Gándara e acordaron aplicar novos cortes e desvíos de tráfico na zona para continuar avanzando nas tarefas pendientes. Neste caso, trátase da segunda fase do corte e desvío de tráfico –as primeiras restricións nesa zona aplicáronse a finais do mes pasado- e comezarán na rúa Concepción Arenal, ata a rotonda do establecemento Casa Juanito. A medida iniciouse onte pola mañá e permanecerá en vigor ata que rematen as actuacións previstas no tramo. O edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu a comprensión e colaboración veciñal e solicitou desculpas polas posibles molestias que ocasionen estas restricións no tráfico rodado durante os vindeiros días.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal