Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN ESTREA A OBRA "SERÁ POR CAMIÑOS"
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN ESTREA A OBRA
A representación terá lugar o 23 de marzo no Pazo da Cultura a partir das 20.30 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros
Narón, 22 de marzo de 2017. Nove alumnas e alumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón subiranse o 23 de marzo ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra “"Será por camiños"”. O Padroado da Cultura produce este espectáculo, cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros. A representación dará comezo ás 20.30 horas.
“"Será por camiños"” remontará ao espectador ao século XIII para contar unha historia que xira en torno ao Camiño de Santo André. Renata de Castro será unha das protagonistas desta historia, xunto con Gaspar, un xograr que ao igual que ela estaba no mosteiro do Couto e co que decide emprender unha aventura para fuxir dun matrimonio de conveniencia. Ambos parten do Couto cara a San André, percorrendo durante días unha ruta de peregrinaxe na que vivirán unha gran variedade de aventuras e coñecendo a numerosas persoas que lles contarán diversas historias.
Trátase dunha obra teatral na que José Prieto e Manuel Areoso se responsabilizan da dramaturxia, mentres que Celia González se encarga da dirección. O elenco está formado por alumnado do último curso –-terceiro- da Escola de Teatro de Narón. Nesta ocasión interpretarán os diferentes papeis Carmen Caeiro, Xone Sanlópez, Susana Mauriz, Lidia Piñeiro, Luis Pillado, Maite Gayet, XoánPadín, Álex Combarro e Ángel Villar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal