Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EVA HACHE, XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E DAVID AMOR, PROTAGONISTAS DOS DOUS PRÓXIMOS ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS NO PAZO DA CULTURA
O Padroado da Cultura de Narón contratou unha gran variedade de espectáculos para o segundo trimestre de ano, entre os que se inclúen comedias, monólogos, concertos e unha ampla programación infantil
Narón, 24 de marzo de 2017. As comedias teatrais cobrarán especial protagonismo na programación deseñada polo Padroado da Cultura de Narón para o segundo trimestre deste ano. A primeira das obras previstas é “Los vecinos de arriba”, o vindeiro 1 de abril a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura. A actriz Eva Hache forma parte do elenco desta comedia de Pentación Espectáculos. “Los vecinos de arriba” é unha comedia protagonizada por dúas parellas que viven nun mesmo edificio e que comparten unha cea. Durante o transcurso da mesma unha das parellas reformularase a súa relación, ata levala ao límite e obrigala a tomar unha serie de decisións que marcarán o futuro das súas vidas. As entradas teñen un prezo de 16 euros para o público en xeral e de 11,20 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. A concelleira de Cultura e vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, valorou a calidade dos espectáculos programados para os vindeiros meses. “Desde o Padroado da Cultura apostamos por unha programación moi variada para o vindeiro trimestre do ano no que as comedias e traxicomedias, os monólogos e a música destacarán notablemente entre os espectáculos previstos entre abril e xullo, para os que están xa as entradas á venda, e que compartirán protagonismo coa programación máis específica para o público infantil”, indicou. Tamén no mes de abril chegará ao Pazo a compañía Etiqueta Negra, coa comedia “Amigos ata a morte”. O sábado día 8, a partir das 20.00 horas, Xosé A. Touriñán, David Amor e Ledicia Sola estarán en Narón para interpretar unha obra cuxa temática xirará en torno á amizade e o amor. Os tres actores son amigos de toda a vida pero a súa amizade sufrirá importantes cambios a medida que avanza a obra. O prezo das entradas é de 18 euros no patio de butacas e 15 nos anfiteatros en venda anticipada e de 20 e 17, respectivamente, no caso de compralas o propio día da actuación. O monologuista e actor galego Sergio Pazos estará tamén en Narón, neste caso o vindeiro 22 de abril, co monólogo “Se non o conto rebento”. O tema da emigración, dos galegos que buscan fóra un traballo, estará presente na temática deste espectáculo, toda unha reflexión dunha situación de actualidade para a sociedade. As entradas custan 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. Será outro monólogo, neste caso protagonizado polo actor Carlos Blanco, o que continúe coa programación dirixida a adultos. O 1 de maio Blanco protagonizará “Os mellores monólogos”, un repaso polos escollidos por este recoñecido galego, que resume nunha hora trinta anos de traxectoria profesional. As entradas teñen tamén un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. Continuará a programación un concerto de música celta, nesta ocasión a cargo de Luar na Lubre, co seu álbume do recompilatorio pola celebración do “XXX Aniversario”. A cita será o 20 de maio, a partir das 20.00 horas no Pazo e permitirá ao público gozar cos temas deste recoñecido grupo de música celta, con numerosos premios polo seu traballo a nivel nacional e internacional. Interpretarán, entre outros, versións actualizadas de varios temas. O prezo das entradas é de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. A finais de maio será o turno da compañía Producións Teatrais Excéntricas, que porá en escea a farsa fantasiosa “A cabeza do dragón”, o día 27. Será a partir das 20.00 horas e relatará a historia dunha viaxe ao corazón dun dragón que se narra en tódalas culturas do mundo. Un mundo de reis, príncipes e princesas, entre outros personaxes, nos que se afonda en temas como a corrupción política, a violencia machista, o medo á liberdade e moitos outros. Esta obra foi incluida polo autor, Ramón María del Valle Inclán, nunha colección de farsas titulada irónicamente “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. As entradas teñen tamén un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. Unha traxicomedia contemporánea, “El padre”, forma tamén parte da programación deste novo trimestre no Pazo. A compañía Pentación Espectáculos regresará a Narón o 17 de xuño para representar esta obra, a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión forman parte do elenco Héctor Alterio, Ana Labordeta, Luis Rallo, Miguel Hermoso, Zaira Montes e María González. A temática da traxicomedia aborda o tema da pérdida da realidade a causa da vellez. Sitúa ao espectador na perspectiva dunha mente confusa pola idade ou por intereses alleos, amosando situacións en moitas ocasións contraditorias. Os xéneros do drama e da comedia mistúranse a medida que avanza a obra, chea de “reveses” inesperados e na que o sentido do humor está garantido. O prezo das entradas é de 20 euros para o público xeral e de 14 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. Pechará o ciclo Luis Piedrahíta, cun monólogo que terá lugar o 1 de xullo a partir das 20.00 horas. “Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas” é o título do espectáculo, creado e protagonizado polo citado humorista galego e enmarcado tamén no xénero da comedia. O espectáculo trata de inculcar ao público a idea de que na vida existen miserias pero hai que minimizar en ocasións a súa existencia para sufrir menos, e tamén a loitar contra as envexas, as desconfianzas e os egoísmos. O prezo en venda anticipada é de 19 euros no patio de butacas e 15 nos anfiteatros e de 21 e 17, respectivamente, o día do espectáculo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal