Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE IMPULSA VARIAS ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS E NA CASA DA MOCIDADE
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE IMPULSA VARIAS ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS E NA CASA DA MOCIDADE
As convocatorias diríxense a rapazas e rapaces do municipio e son de carácter informativo, como no caso dos obradoiros de educación afectivo-sexuais en centros de ensino, ou formativo, no das desenvolvidas en torno á música na Casa da Mocidade
Narón, 28 de marzo de 2017. A Concellería de Mocidade, dirixida pola edil Natalia Hermida, impulsa diversas actividades nos centros educativos da localidade. A maiores dos obradoiros de educación afectivo-sexual e das asesorías de sexualidade, as rapazas e os rapaces de Narón poden matricularse noutras actividades programadas desde a citada área, como a Escola de Música Moderna ou reservar as Aulas de Ensaio para grupos de música. A edil naronesa destacou a boa acollida rexistrada o ano pasado nos citados obradoiros e tamén as consultas formuladas nas asesorías de sexualidade, actividades nas que participaron máis de medio milleiro de alumnos e alumnas de Secundaria, recordou.
A prevención de embarazos non desexados, o coñecemento das enfermidades de transmisión sexual, os roles de xénero e métodos anticonceptivos son algúns dos temas que se abordan desde o pasado mes de xaneiro no CPI do Feal, nos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos e no CPR Santiago Apóstol. A concelleira Natalia Hermida explicou que cada obradoiro consta de catro sesións de case unha hora de duración e indicou que participan este ano nos mesmos un total de 223 alumnas e alumnos de segundo curso de ESO.
Nos dous institutos de Narón e no CPI do Feal tamén se habilitou unha oficina que está operativa un día á semana –coincidindo co horario do recreo- para complementar os obradoiros de educación afectivo-sexual. “O alumnado dispón deste xeito dun espazo de asesoramento e información relativa a este tema, ofrecéndoselle a través dunha educadora profesional que asesora aos interesados sobre os recursos existentes a nivel municipal e tamén resposta ás posibles dúbidas que teñan nesa área”, tal e como indicou Hermida. Estas asesorías tamén comezaron a funcionar en xaneiro e estarán abertas ata o mes de maio. No IES das Telleiras a oficina abre os luns de 10.10 a 10.30 horas; no IES Terra de Trasancos tamén os luns, pero de 12.10 a 12.30 e no CPI do Feal os venres de 12.05 a 12.30 horas.
A maiores, desde a Concellería de Mocidade, promóvense outro tipo de actividades dirixidas aos rapaces e rapazas na Casa da Mocidade, na Gándara. Unha das propostas é a Escola de Música Moderna, que consiste nuns obradoiros musicais dirixidos ás persoas interesadas en aprender a tocar instrumentos musicais ou perfeccionar os seus coñecementos coa axuda de profesionais. Guitarra, percusión e piano son os contidos que se abordan nas clases, que se imparten dous días á semana –cada un dos instrumentos-. Poden anotarse nesta actividade, entre os meses de outubro e xuño, os rapaces e as rapazas empadroados en Narón e de entre 12 e 30 anos, tal e como recordou Hermida, debendo aboar unha tarifa de 8,15 euros ao mes.
Por último, tamén na Casa da Mocidade están dispoñibles as Aulas de Ensaio para grupos de música integrados por mozas e mozos de Narón. As instalacións habilitadas están equipadas con diverso material musical e ademais os usuarios e usuarias destas aulas dispoñen de asesoramento técnico para que poidan ensaiar alí. A tarifa establecida é de 8,15 euros ao mes para cada integrante do grupo musical, tendo cada formación dereito a reservar como máximo dous días á semana, en función da dispoñibilidade, para utilizar as aulas. Alomenos un dos integrantes do grupo debe estar empadroado en Narón e as aulas poden utilizarse ata o mes de maio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal