Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMEDIA "LOS VECINOS DE ARRIBA" REPRESENTARASE ESTE SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
A actriz e cómica Eva Hache forma parte do elenco desta obra, dirixida por Cesc Gay e que dará comezo ás 20.00 horas
Narón, 29 de marzo de 2017. A compañía Pentación Espectáculos representará este sábado, día 1 de abril, no Pazo da Cultura, a obra Los vecinos de arriba, iniciando así a programación do Padroado da Cultura para o segundo trimestre de ano. Trátase dunha comedia cun elenco do que forman parte a actriz, presentadora e cómica segoviana Eva Hache e os actores Andrew Tarbet, Xavi Mira e María Lanau. O espectáculo comezará ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na páxina web: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 16 euros para o público en xeral e de 11,20 para aboados, menores de 14 anos e desempregados. Esta comedia, dirixida por Cesc Gay, conta a historia de dúas parellas que viven nun mesmo edificio. A temática da obra fai reflexionar ao espectador sobre a vida en común, un reto que en ocasións, como neste caso, está ameazado por numerosos obstáculos e que nesta obra xurdirán entre Ana e Xulio e os seus veciños, Gloria e Brian, trala chegada dos primeiros ao edificio. En sinal de agradecemento pola axuda prestada trala mudanza organizan unha cea xuntos no esu piso para ensinárllelo, e Ana e Xulio van descubrindo como son os seus veciños e, ao tempo, reformúlanse a súa relación, moi monótona. Haberá tamén algúns enfrontamentos entre os protagonistas, o que os levará a tomar unha serie de decisións que poden cambiar radicalmente as súas vidas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal