Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VINDEIRO 3 DE ABRIL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACCIÓN FORMATIVA "PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2"
A Concellería de Formación convoca esta acción, dirixida a maiores de 16 anos desempregados de Narón e que previsiblemente se iniciará a finais de abril
Narón, 31 de marzo de 2017. A Concellería de Formación abrirá o vindeiro luns, día 3, o prazo para inscribirse nunha convocatoria aberta para a acción formativa “Preparación Competencias clave nivel 2”. Así o anunciou a edil da área, Natalia Hermida, que recordou que esta iniciativa se dirixe a veciñas e veciños de Narón desempregados e maiores de 16 anos e terá lugar nas instalacións municipais Irmás Froilaz, na Gándara. As competencias que se prepararán nesta convocatoria, debendo indicar na inscrición as que se queren realizar, son en matemáticas, comunicación en lingua castelán e comunicación en lingua galega. Haberá dúas edicións e previsiblemente iniciarase a finais do vindeiro mes de abril, debido a que o exame que deberá superar o alumnado realizarase en Silleda o sábado 13 de maio. Así mesmo, tal e como se indicou desde a Concellería de Formación, terán prioridade á hora de realizar esta acción formativa aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocadas pola Xunta de Galicia para este ano 2017. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e as solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.30-. O formulario (unha instancia xenérica) está dispoñible no Rexistro Xeral e na páxina web do Concello: www.naron.es. Recolleranse as instancias presentadas ata esgotar prazas ou ata o inicio da acción formativa. Deberán acompañarse dunha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas de Competencias clave nivel 2, baixo a convocatoria indicada, de ser o caso e, unha vez se lle comunique á persoa a súa admisión ao curso terá que entregar outra documentación complementaria. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo dirixíndose ao Servizo Sociocomunitario Municipal do Concello de Narón, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións: 2602, 1120, 1107 e 1123).
Descarga de archivos
Instancia xenérica
Tamaño:278,90 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal