Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONSTERNACIÓN NA ESCOLA DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN TRALO FALECEMENTO DO ACTOR MATEO GONZÁLEZ
O actor foi alumno da Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón, desde onde trasladan, xunto co Concello, o máis sentido pésame á súa familia e amigos e á veciñanza da súa vila natal, Pontedeume
Narón, 1 de abril de 2017. A Escola de Teatro do Padroado da Cultura de Narón lamenta fondamente o falecemento do actor Mateo González, de 35 anos e que foi alumno da citada Escola. “Con fonda dor temos que despedir a Mateo González, que rematou este tramo do camiño. No corazón da Escola de Teatro do Padroado da Cultura fican a súa lecidia e a súa xenerosidade”, recordan. Desde o Concello de Narón e a citada Escola trasladan as máis sentidas condolencias polo pasamento de Mateo González á súa familia e amigos, así como aos seus veciños e veciñas da súa vila natal, Pontedeume. Así mesmo, desde a Escola de Teatro lembran “o moito que lle gustaba actuar e o pracer que sentía vendo brillar na actuación aos seus compañeiros e compañeiras de escena”. Finalmente, inciden en que “gardaremos como un tesouro o amor que lle temos, porque se foi un de nós, “un da Escola”, pero como ben sabemos nela, nunca ninguén se vai de todo”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal