Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO ALTO ACOLLE O "III TORNEO DA LIGA IMPACT LEGACY"
A cita será o 8 de abril e a organización estima que acudirán unha trintena de persoas de Galicia e Asturias
Narón, 6 de abril de 2017. A terceira edición do torneo da Liga Impact Legacy deste ano terá lugar este sábado, día 8, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro (no número 7 da rúa Manuel Antonio). A Asociación Cultural Impact organiza este evento co Concello, no que se estima a participación dunha trintena de persoas chegadas de diferentes municipios de Galicia e Asturias. As inscricións poderán formalizarse a partir das 10.00 horas do mesmo día da convocatoria, xa que as partidas comezarán ás 10.30. Os participantes xogarán coas cartas Magic The Gathering, aínda que, tal e como indicaron desde a organización, nun formato distinto ás dúas edicións celebradas anteriormente desta liga. Trátase dunhas cartas cun prezo máis elevado que as que se precisan para os torneos de Modern, o que polo xeral, explican, reduce considerablemente a cifra de participantes neste tipo de competicións. Haberá varios premios para os mellor clasificados. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultar a páxina web da Asociación Cultural Impact: www.impactreturns.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal