Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APOSTA POLA PROMOCIÓN DO CAMIÑO INGLÉS A TRAVÉS DO TRAZADO QUE DISCORRE POLA COSTA
O GOBERNO LOCAL APOSTA POLA PROMOCIÓN DO CAMIÑO INGLÉS A TRAVÉS DO TRAZADO QUE DISCORRE POLA COSTA
A edil de Turismo, Natalia Hermida, subliñou a importancia de promocionar o Camiño da Lúa cara a Compostela, poñendo en valor os recursos dos concellos da comarca de Ferrolterra e do Ortegal
Narón, 6 de abril de 2017. A promoción do Camiño Inglés ao seu paso polos concellos da comarca de Ferrolterra foi un dos obxectivos da conferencia “Unha ollada ao pasado e ao futuro”, organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón e que tivo lugar o pasado 31 de marzo no Pazo da Cultura. O xornalista e divulgador da Ruta Xacobea Cristóbal Ramírez, e o historiador e arqueólogo do Concello de Narón André Pena, foron os encargados de explicar aos asistentes ao acto as orixes da peregrinación e do Camiño Inglés. O Concello de Narón aposta por promocionar o citado Camiño cara a Compostela a través do trazado costeiro, tal e como apuntou a edil de Turismo, Natalia Hermida.
O historiador naronés profundizou nun dos trazados da citada ruta de peregrinación, documentado na historia e coñecido como Camiño da Lúa. O experto historiador recordou a existencia do Camiño do Sol, con orixe en Fisterra, e do da Lúa, ambos con destino a Compostela. Este último, o da Lúa, do que parten múltiples lendas, presenta un traxecto circular, pola zona costeira, desviándose os peregrinos que viñan da costa de Europa primeiro a San André de Teixido e posteriormente a Santiago de Compostela, ou no senso inverso, apuntou. O Camiño da Lúa “dá senso arqueolóxico e etnográfico a esta ruta, que discorrre por San Andrés, San Cristóbal, Santa Comba, a Pena Molexa, no Val, -entre outras zonas- e que é a que explica feitos como que en Santa Margarida, na parroquia do Val, aínda no século XVIII houbera dous hospitais de peregrinos, que permaneceron abertos ata que a peregrinación se viu interrompida polas guerras napoleónicas.
Pola sua parte, a concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, recalcou que esta ruta –o Camiño da Lúa- documentada na historia, que discorre pola costa dende Ribadeo ata Ferrol, pasando por municipios da Mariña oriental, central e occidental, como Viveiro, O Vicedo, así como por Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón, San Sadurniño e Ferrol, e que continúa polo trazado actual (dende Ferrol ata Santiago de Compostela), “é dun valor turístico moi interesante”. Así mesmo, a edil incidiu en que ademais, este trazado “coincide en parte co promocionado pola Xunta, a través da iniciativa “Santuarios Máxicos”, pasando pola Costa Ártabra e que sorprende un pouco, ou cando menos resulta incomprensible que estea excluída e segregada da Ruta Xacobea, protexida durante séculos pola Orde de San Xoán de Xerusalén (bailía de San Sadurniño), da que formou parte”.
“A promoción do Camiño Inglés polo Camiño da Lúa poría en valor os recursos naturais, patrimoniais e económicos de todos estes municipios dende Ribadeo a Ferrol, pola zona da costa, cunhas paisaxes de singular beleza, máxicos santuarios, e o maior número de lendas, sendo probablemente unha das máis fermosas de Galicia”, indicou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal