Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "VIII FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN SEDES
O recinto feiral do Trece acollerá os días 8 e 9 de abril unha trintena de postos coas últimas novidades en maquinaria agrícola, produtos da horta e alimentos caseiros, entre outras propostas
Narón, 6 de abril de 2017. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá nas xornadas do vindeiro sábado e domingo, días 8 e 9, a oitava edición da Feira Multisectorial Agrícola. Así o anunciou a concelleira de Feiras de Narón, Mar Gómez, que avanzou que participarán nesta convocatoria un total de trinta e tres expositores. Entre as 11.00 e as 14.00 horas e tamén pola tarde, de 16.00 a 20.00, permanecerán abertos os postos. “Un ano máis, as persoas que se acheguen a Sedes esta fin de semana poderán ver unha gran variedade de produtos relacionados coa agricultura, donde se presentarán as últimas novidades do sector”, apuntou a edil. Os asistentes terán a oportunidade de adquirir especies de plantas de viveiros da zona, aves de corral, maquinaria agrícola –con demostracións de funcionamento incluídas-, produtos da horta, xabróns artesáns e marmeladas caseiras, entre os diversos postos, tal e como avanzou a concelleira naronesa. Coas súas compras a clientela recibirá unhas rifas coas que participará no sorteo de varios agasallos. Así mesmo, ao longo da mañá e da tarde realizaranse obradoiros ecolóxicos dirixidos aos nenos e nenas. Coa axuda dun monitor os menores terán a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre o mundo agrícola e de realizar actividades propias do sector. “Consideramos tamén moi importante concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia do coidado e respecto ao medio ambiente, e por iso convocamos estes obradoiros nos que terán a oportunidade, por exemplo, de aprender a plantar algunhas especies que poderán levar para as súas casas para coidalas e ver as diferentes etapas do seu crecemento”, explicou Mar Gómez. Ao mediodía, os dous días haberá unha sesión vermú amenizada por un grupo musical e as persoas que desexen comer na zona poderán facelo nalgún dos postos de venda de polbo e churrasco que se instalarán para a ocasión no recinto feiral do Trece.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal