Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL NA ÁREA DO RÍO XUVIA
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL NA ÁREA DO RÍO XUVIA
Instaláronse tres paneis informativos sobre a flora e fauna da zona nas inmediacións da área medioambiental do río Xuvia, en Pedroso
Narón, 11 de abril de 2017. O edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, anunciou a posta en marcha dunha campaña de sensibilización da área medioambiental Río Xuvia. A iniciativa, tal e como explicou, implica a colocación de tres paneis didácticos sobre a flora e fauna no entorno do citado cauce, concretamente na área recreativa do Río Xuvia, en Pedroso. Esta mesma mañá operarios dunha empresa instalaron os paneis, unhas tarefas que se levaron a cabo sen empregar axentes químicos, destacou o concelleiro naronés. Nos tres paneis, baixo o título de “Á beira do Río Xuvia”, amósanse as distintas especies de aves, árbores, plantas, insectos e anfibios que se poden ver na zona do río Xuvia.
“Con esta iniciativa as persoas que se acheguen á área recreativa do Río Xuvia poderán obter información detallada sobre as especies naturais existentes no Río Xuvia”, destacou Dopico, que incidiu tamén en que con esta campaña se aposta por concienciar á poboación sobre a importancia do coidado e respecto do medio ambiente.
O Río Xuvia conta coa declaración de Espazo Natural Protexido da Rede Natura 2000 e de Lugar de Interese Comunitario (LIC). Estas distincións, destacou o edil naronés, “fan que este río sexa unha das xoias máis relevantes do patrimonio natural do noso concello, ao tempo que consolidan a zona como un área estratéxica para conservar especies botánicas e animais (xabarín, corzo, raposo, xenetas, garzas, reos, salmóns, etc.). Así mesmo, Dopico recordou que o río Xuvia conserva un bosque de Galicia autóctono no que se poden ver numerosas especies da Galicia Atlántica, e tamén plantas que actualmente están en perigo de extinción en Europa, como o “liño algodonoso”, ou mesmo en Galicia, como o sanguiño ou o espiño albar.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal