Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNHA VINTENA DE NENAS E NENOS PARTICIPA NO PROGRAMA "CONCILIAESCOLA SEMANA SANTA"
UNHA VINTENA DE NENAS E NENOS PARTICIPA NO PROGRAMA
A iniciativa enmárcase no "II Plan de Igualdade Municipal" co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e a súa última sesión terá lugar o vindeiro 17 de abril
Narón, 12 de abril de 2017. Unha vintena de nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participa desde o pasado luns, día 10, no programa “ConciliaEscola Semana Santa”. A edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou esta mañá aos menores nas instalacións do CRA de Domirón, donde continúa hoxe esta iniciativa e cunha última sesión programada para o vindeiro luns, día 17. Esta proposta forma parte do “II Plan de Igualdade Municipal” e ten entre os seus obxectivos facilitar a conciliación da vida laboral e familiar nos casos nos que os proxenitores traballan estes días, nos que os menores non teñen escola, tal e como recordou Sabio.
Os rapaces e rapazas realizan, entre as 7.30 e as 14.00 horas varias actividades relacionadas con diferentes temáticas. Algunhas delas desenvólvense no CRA de Domirón, tanto dentro das instalacións como no exterior, onde esta mesma mañá os nenos e nenas participaron nunhas miniolimpiadas. Outras actividades teñen lugar no exterior, como as saídas que realizaron esta semana ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, ou á Praza de Galicia, para coñecer mellor o concello.
Outra das tarefas que realizan os participantes no programa “ConciliaEscola Semana Santa” é coidar uns vermes de seda que hai no centro, así como axudar a preparar algunhas das actividades propostas ou participar en obradoiros de cociña á hora da merenda. Dúas monitoras encárganse de implicar aos menores en actividades relacionadas coas artes, os idiomas, o medio ambiente, o xogo e a educación para a Igualdade, entre outras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal