Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PROGRAMACIÓN DE "NARÓNiño" OFRECERÁ ESTA FIN DE SEMANA UNHA NOVIDOSA PROPOSTA DE OCIO DIRIXIDA AO PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR
 A PROGRAMACIÓN DE
A cita desenvolverase do 14 ao 16 de abril no pavillón podeportivo de Campo da Serra (Santa Icía) e os asistentes terán a oportunidade de gozar dun completo programa de obradoiros e xogos en horario de mañá e tarde
Narón, 12 de abril de 2017. O pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá desde o vindeiro venres, día 14, ata o domingo 16, “NARÓNiño. O lugar onde xogan as meniñas e meniños”, un evento organizado polo Concello de Narón coincidindo coa Semana Santa e dirixido ao público infantil e familiar. A maior parte das actividades programadas para estes tres días desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. Os oito talleres do programa “NARÓNiño” son de balde e tan só é precisa inscrición previa en dúas das ofertadas, debendo tramitarse nas propias instalacións do polideportivo Campo da Serra.
Os rapaces e rapazas e as súas familias disporán dun espazo acotado duns 800 metros cadrados no pavillón de Campo da Serra, donde se delimitarán as zonas nas que terán lugar os diferentes obradoiros. Entre eles están “Mundo xogo chef”, uns obradoiros de cociña que serán en horario de 18.00 a 20.00 e os “Obradoiros de Clay”, para realizar figuras cunha especie de arcilla de cores. En ambos casos as prazas son limitadas, polo que requiren anotarse previamente.
Os asistentes poderán tamén gozar nas dúas “Piscinas de bolas” que se instalarán no recinto deportivo en función da idade dos participantes, e coa actividade “Trucks & blocks”, para realizar construcións a tamaño real con bloques xigantes que se moverán con maquinaria específica. O “Foamball”, similar ao paintball pero empregando proxectís de gomaespuma; “Carreira”, con pistas de escalextric para diferentes idades e con coches de recoñecidas películas como Cars e de Fórmula 1; “Playmobil”, que permitirá xogar con bonecos e elementos de Playmobil relacionados con varios temas, como piratas ou cabaleiros, entre outros, e “Blocks”, para crear pezas con bloques de diferentes tamaños, completan as propostas lúdicas de "NARÓNiño".
No pavillón polideportivo de Campo da Serra haberá tamén un stand informativo de Bebé Gadis, e esta cita terá tamén un marcado carácter solidario. Os asistentes poderán entregar en recipientes habilitados tapóns de plástico para colaborar co Proxecto Püssa, unha proposta solidaria coa que se recadan fondos que se destinan a nenos e nenas en risco de exclusión social.
A zona de xogo ten unha capacidade limitada e os asistentes a este evento deberán cumprir unha serie de requisitos. Os adultos non poden estar na zona delimitada para os diferentes xogos, pero si deben permanecer no recinto ao coidado dos menores que acompañan. Está prohibida a entrada de animais de compañía no pavillón polideportivo Campo da Serra e tamén comer dentro da zona de xogo. Por último, desde o Concello recórdase a obrigatoriedade de cumprir as indicacións que en cada momento marquen os monitores das diferentes actividades, para o correcto desenvolvemento desta convocatoria.
O Concello de Narón aposta por consolidar esta proposta de ocio infantil e familiar dentro do calendario de eventos promovidos desde o goberno local, co fin de que se consolide na cidade e de que se convirta en todo un referente dentro e fóra do municipio. “NARÓNiño” programouse coincidindo coa Semana Santa para apostar, ademais de por ofrecer á veciñanza unha novidosa proposta de ocio para estes días, para dinamizar os sectores da hostalería e do comercio locais nestas datas.
Esta primeira edición do evento está patrocinada pola empresa Gadisa, o parque infantil Bule Bule, a xoguetería Din Don e o Grupo Imaxina.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal