Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O HUMORISTA SERGIO PAZOS ESTARÁ O SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
O HUMORISTA SERGIO PAZOS ESTARÁ O SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
Pazos protagonizará a partir das 20.00 horas o monólogo "Rebento se non o conto", dunha hora de duración e dirixido ao público adulto.
Narón, 17 de abril de 2017. O actor e humorista ourensán Sergio Pazos estará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura de Narón co seu monólogo "Rebento se non o conto". A cita terá lugar a partir das 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. O espectáculo, pensado para o público adulto, ten unha duración dunha hora.
Neste monólogo Pazos analizará a realidade da España actual facendo uso da ironía, no que será un constante diálogo entre o público e o humorista, que fará gozar aos asistentes desde o inicio deste espectáculo. A retranca estará moi presente neste traballo, no que se abordarán temas como as características dos galegos, os recortes, a crise, a Casa Real e moitos outros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal