Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA AMPLÍA O PRAZO PARA QUE AS EMPRESAS E AUTÓNOMOS DE ZONAS ILLADAS DO RURAL SOLICITEN SUBVENCIÓNS PARA A BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA
Os colectivos aos que se dirixen as axudas poderán obter ata un máximo de 20.000 euros para a dotación do citado servizo
Narón, 22 de abril de 2017. A administración autonómica informou ao Concello da ampliación do prazo da primeira convocatoria de axudas para que as empresas e os autónomos situados en zonas illadas do rural galego poidan solicitar subvencións para a dotación de banda larga ultrarrápida. Así o recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que apuntou que o período para poder solicitalas se incrementa en tres semanas sobre as previsións iniciais, podendo agora demandar estas axudas ata o vindeiro 11 de maio ante a Xunta de Galicia, entidade tramitadora das mesmas. A administración autonómica subvenciona ata o cen por cento dos custos das obras necesarias para a dotación desta banda no rural, se ben o importe máximo a conceder por beneficiario non superará os 20.000 euros (o IVE non é subvencionable). Así mesmo, para poder acceder a estas subvencións, é preciso que os solicitantes das mesmas non dispoñan de cobertura de internet de cando menos 30 Mbps e deberán manter a alta no servizo contratado por un período mínimo dun ano. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á ligazón: http://amtega.xunta.gal/axudas-e-subvencion, ou á dirección de correo electrónico: oficina.bandalarga@xunta.es. Así mesmo, tal e como apuntaron desde a administración autonómica, tamén poden chamar ao número de teléfono 981 957 868, de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal