Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAMPO DO CADAVAL ACOLLERÁ O DOMINGO UN PARTIDO PARA RECADAR FONDOS PARA O POBO SAHARAUI
Edís da corporación local de Narón e doutros concellos participarán nesta iniciativa solidaria xogando contra residentes saharauis en Galicia
Narón, 24 de abril de 2017. O campo de fútbol do Cadaval acollerá o vindeiro domingo, día 30, un partido solidario para recadar fondos destinados ao pobo saharaui. Representantes da corporación local naronesa impulsan esta iniciativa, para a que se convidou a participar a alcaldes e edís doutros concellos da comarca. O partido comezará ás 11.00 horas e confirmaron a súa participación, no caso de Narón, varios edís da corporación local, que xogarán contra residentes saharauis en Galicia. As persoas interesadas en asistir colaborarán a través dun donativo de catro euros polo bono da entrada, e no caso de non poder asistir ao partido, poderán tamén ingresar a cantidade coa que desexen colaborar na “Fila 0” habilitada na conta de Abanca: ES40-2080-5056-1330-4003-4374. A recadación destinarase á ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), que promove, entre outros proxectos, o programa “Vacacacións en Paz”, a través do que nenos e nenas dos campamentos de refuxiados de Arxelia chegan a varios municipios de Galicia –e doutras comunidades- para pasar o verán alonxados das elevadas temperaturas que se rexistran nos campamentos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia. Con cargo a este partido solidario preténdese contribuír coa citada ONG no desenvolvemento de proxectos encamiñados a mellorar as condicións de vida do pobo saharaui, como programas de cooperación ou educativos, entre outros. Así mesmo, entre os obxectivos está, tal e como se indicou desde a organización, animar ás familias a acoller a menores saharauis, ofrecéndolles ademais a posibilidade de que lles realicen revisións médicas. Os bonos para poder asistir ao partido poden adquirirse no Concello, no terceiro andar, ou tamén a través dos representantes dos grupos políticos de Narón que participarán nesta iniciativa solidaria.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal