Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "GERNIKA, EL BOMBARDEO"
O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática colaboran nesta iniciativa, que terá lugar o 26 de abril con motivo do cumprimento do 80 aniversario do bombardeo de Gernika
Narón, 24 de abril de 2017. O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Asociación Memoria Histórica Democrática na organización dun novo acto en lembranza das vítimas do bombardeo de Gernika, do que precisamente ese día, o 26 de abril, se cumprirán 80 anos. A convocatoria consistirá na proxección de “Gernika, el bombardeo” e nun posterior coloquio programados no Café Teatro do Pazo da Cultura. A cita será a partir das 19.30 horas e Enrique Barrera, historiador e directivo da Asociación Memoria Histórica Democrática, será o encargado da presentación. O Concello de Narón colaborou recentemente coa citada asociación na organización doutros eventos para recordar e homenaxear ás vítimas do bombardeo de Gernika. O pasado mes de marzo plantouse fronte ao Pazo da Cultura un retoño da árbore de Gernika, símbolo da liberdade e da paz. O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu o citado acto, que contou coa colaboración das Juntas Generales de Bizkaia, acudindo en representación das mesmas a súa presidenta, Ana Otadui.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal