Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS 170 ESTUDANTES DE TRES CENTROS DO MUNICIPIO PARTICIPAN EN OBRADOIROS DE CONSUMO ENERXÉTICO RESPONSABLE
UNS 170 ESTUDANTES DE TRES CENTROS DO MUNICIPIO PARTICIPAN EN OBRADOIROS DE CONSUMO ENERXÉTICO RESPONSABLE
A iniciativa forma parte do Programa de recursos educativos de apoio á escola e programouse no CPI do Feal, no CPR Jorge Juan e no IES das Telleiras
Narón, 25 de abril de 2017. Un total de 171 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de ESO de tres centros educativos de Narón participan nuns obradoiros de consumo enerxético responsable impulsados a través do Programa de recursos educativos de apoio á escola. O edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, destacou a importancia desta iniciativa, “na que os rapaces e as rapazas adquirirán hábitos de consumo responsable e valorarán a importancia de respectar e coidar o medio ambiente”. Os talleres, coordinados desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, iniciáronse o pasado día 19 e rematarán o vindeiro 5 de maio.
O edil naronés indicou, en canto á participación, que un total de 101 rapaces e rapazas cursan terceiro de ESO no IES das Telleiras; 35 cuarto de ESO no CPI do Feal e os 35 restantes terceiro e cuarto de ESO no CPR Jorge Juan. Desenvolvemento sostible, cambio climático, comercio xusto, eficiencia enerxética e produtos ecolóxicos son algúns dos temas que se abordan nas sesións, que teñen lugar en horario de mañá. O vindeiro venres, día 28, rematarán os obradoiros programados no colexio do Feal –donde se impartiu outro esta mesma mañá- e os días 3 e 5 de maio serán os do CPR Jorge Juan, se ben xa remataron os previstos no IES das Telleiras, que tiveron lugar o 19 e o 21 deste mes.
Así mesmo, Dopico explicou que nos centros participantes se instalará temporalmente unha exposición do Centro Nacional de Educación Medioambiental (Ceneam), do programa “Hogares Verdes”. A mostra consta de varios paneis informativos nos que se aposta por informar á cidadanía, neste caso á comunidade educativa, sobre a importancia dunha xestión máis responsable nos fogares. “Hogares Verdes” é un proxecto educativo dirixido a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiás, “impulsando a implantación de medidas nos fogares para aforrar tanto no consumo eléctrico como de auga”, tal e como recordou Dopico.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal