Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2017 CONTARÁN CO APOIO DO EDIL DE EU NO PLENO DESTE MES
OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2017 CONTARÁN CO APOIO DO EDIL DE EU NO PLENO DESTE MES
O documento contable ascende a 29,9 millóns de euros e tanto o tripartito como EU coinciden en destacar a importancia de priorizar medidas para garantir a protección social
Narón, 25 de abril de 2017. O portavoz de Esquerda Unida no Concello, André Abeledo, mantivo onte unha reunión –trala Xunta de Portavoces- co edil de TEGA Guillermo Sánchez Fojo e cos portavoces de PSOE e BNG, Catalina García e Pablo Villamar, respectivamente, para abordar as propostas presentadas por EU para os orzamentos municipais de 2017. Trala xuntanza Abeledo manifestou que respaldará o documento que se presentará ao pleno do vindeiro xoves, día 27, no que se someterán a aprobación os orzamentos.
Os representantes do goberno local agradeceron a “posición seria e rigorosa de EU, pola súa oposición construtiva”. Pola súa banda, André Abeledo asegurou, seguindo a liña do goberno local, que a prioridade son os veciños e as veciñas de Narón, “por riba de calquera interese persoal ou de partido”. Algúns dos plantexamentos formulados por EU coinciden cos promovidos desde o goberno local e xa recollidos no orzamento, como o incremento das partidas destinadas a dependencia, recursos e iniciativas para o coidado do medio ambiente; actuacións en materia de accesibilidade e saneamento e dinamización de actividades culturais ou relacionadas co emprego, entre outras, como o fomento do cooperativismo.
O tripartito naronés e o portavoz de EU no Concello incidiron en que os orzamentos municipais “deben priorizar medidas encamiñadas a garantir a protección social” e coincidiron na necesidade de aprobalos para que o documento contable entre en vigor. Desde o goberno local subliñouse ademais o feito de que “o espírito do orzamento que mantén o tripartito e o de EU coinciden, co que valoramos o respaldo ofrecido polo edil deste grupo da oposición á proposta que se levará ao pleno do xoves”.
O orzamento do Concello de Narón, presentado o pasado 20 de abril, ascende este ano a 29,9 millóns de euros, unha cantidade que supera nun millón de euros ao de 2016 e coa que desde o goberno local se continúa na liña defendida polo tripartito para "ofrecer á veciñanza de Narón servizos de calidade e priorizando a atención ás persoas máis necesitadas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal