Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UNS 800 ESCOLARES PARTICIPAN EN ACTIVIDADES DO PROGRAMA DO "XXVIII CERTAME INTERCENTROS CONCELLO DE NARÓN"
UNS 800 ESCOLARES PARTICIPAN EN ACTIVIDADES DO PROGRAMA DO
Os días 26 e 27 de abril exporán os seus traballos no Pazo da Cultura e o 16 de maio celebrarase a entrega de premios no Auditorio municipal
Narón, 26 de abril de 2017. As actividades programadas para a vixésimo oitava edición do “Certame Intercentros Concello de Narón”, dirixido ao alumnado dos centros públicos do municipio, levarán entre hoxe e mañá ao Pazo da Cultura a un total de 783 estudantes da cidade. O CEIP da Gándara é este ano o organizador do evento, en coordinación co Concello, tal e como destacou a edil de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou que a programación deste certame se iniciou nos centros o pasado mes de febreiro e avanzou que se clausurará o vindeiro 16 de maio, no Auditorio municipal, coa tradicional entrega de premios. “Un ano máis desde a Concellería de Ensino convocamos este exitoso programa, que tan boa acollida ten entre a comunidade educativa da nosa cidade e a través da que os estudantes participan nun certame no que non se fomenta a competitividade e que serve como preámbulo para conmemorar, o vindeiro 17 de maio, o Día das Letras Galegas”, subliñou Taibo.
A edil de Ensino desprazouse esta mañá ao Pazo, donde se reuniron un total de 162 alumnas e alumnos e profesorado, entre as 10.00 e as 12.40, para ver o resultado dunha parte dos traballos presentados a esta edición do Certame Intercentros. En períodos de tempo de entre cinco e vinte minutos, estudantes dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos, e dos colexios da Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, O Feal e Virxe do Mar subíronse ao escenario para presentar os traballos correspondentes ás modalidades de: Canción, Teatro e Monólogo. Na xornada de mañá, día 27, entre as 10.00 e as 13.30, fará o propio outra parte do alumnado, un total de 621 rapaces e rapazas –o de educación Infantil e primeiro e segundo curso de Primaria- do CRA, e dos colexios Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros, A Solaina e O Feal, que presentará tamén os seus traballos de Canción e Teatro, dunha duración de entre cinco e vinte e cinco minutos.
En función dos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos, os participantes puideron elixir entre as modalidades de Cómic, Conto e Conto ilustrado, Narrativa, Murais, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Expresión oral e Canción en galego.
Así mesmo, no Pazo da Cultura poderá verse ata o día 19 de maio –no seu horario de apertura habitual- unha exposición cos murais, contos ilustrados e cómics realizados nas aulas por escolares de Infantil e de primeiro e segundo de Primaria dos centros públicos de Narón.
“Fomentar a normalización e dinamización do uso da nosa lingua constitúe un dos principais obxectivos do Certame Intercentros, moi arraigado no noso concello e no que continuaremos traballando en defensa da nosa cultura”, asegurou Mercedes Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal