Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU 27.000 EUROS Á CUBERTA DUN PATIO NO CEIP DA SOLAINA
O CONCELLO DESTINOU 27.000 EUROS Á CUBERTA DUN PATIO NO CEIP DA SOLAINA
A intervención permitiu habilitar no recinto escolar un espazo cuberto dunha superficie duns cento corenta metros cadrados
Narón, 28 de abril de 2017. O CEIP da Solaina dispón dun novo patio cuberto do que poden gozar xa os seus alumnos e alumnas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, visitaron esta mañá as instalacións do centro, donde comprobaron o estado final da actuación realizada, que supuxo ás arcas locais un investimento duns 27.000 euros.
A obra realizada permitiu cubrir un espazo entre un dos tramos do propio colexio e dun lateral do polideportivo localizado no citado recinto escolar. Sobre unhas vigas metálicas, a modo de pórtico, instalouse unha cuberta transparente para tapar un espazo duns cento corenta metros cadrados, tal e como destacaron desde o goberno local.
Na visita, o rexedor local e a edil naronesa estiveron acompañados polo director do colexio da Solaina, Nel Comba; a secretaria do centro, Iria Regueiro, e representantes da ANPA. Desde a comunidade educativa valorouse positivamente esta intervención, ao igual que fixeron os representantes do goberno local, que destacaron que a partir de agora as nenas e os nenos deste colexio “poderán aproveitar ao máximo este espazo exterior cuberto”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal