Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O EQUIPO SAHARAUI IMPÚXOSE AO FORMADO POR POLÍTICOS DE NARÓN E COMARCA NO PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO CELEBRADO NO CADAVAL
O EQUIPO SAHARAUI IMPÚXOSE AO FORMADO POR POLÍTICOS DE NARÓN E COMARCA NO PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO CELEBRADO NO CADAVAL
Os donativos dos bonos solidarios e a "Fila 0" habilitada para o partido destinarase integramente á ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps)
Narón, 30 de abril de 2017. O campo de fútbol do Cadaval acolleu esta mañá, a partir das 11.00 horas, un partido solidario co pobo saharaui. O equipo formado por edís e alcaldes de Narón e doutros concellos da comarca rematou cun empate, 4-4, e na tanda de penaltis impúxose o combinado saharaui. A corporación local de Narón colaborou na organización deste partido, ao que se convidou a xogar a políticos doutros municipios veciños.
Os concelleiros de TEGA Guillermo Sánchez Fojo, Manuel Ramos, Pablo Mauriz e Ibán Santalla formaron un equipo cos portavoces do BNG e EU na localidade, Pablo Villamar e André Abeledo, respectivamente, e no que tamén xogaron os alcaldes de Ferrol e Neda, Jorge Suárez (Ferrol en Común) e Ángel Alvariño (PSOE); o edil do PP de San Sadurniño Manuel Romero, e os sindicalistas da CIG Xesús Anxo López Pintos e Francisco Cartelle, entre outros. No público, animando aos xogadores, estiveron o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os portavoces naroneses de TEGA, Marián Ferreiro; do PSOE, Catalina García; do PP, Marcos López e de ENE, Alfonso Casal, así como outros concelleiros de TEGA Narón: Natalia Hermida e Mercedes Taibo, e de EU de Ferrol: Saínza Ruíz. Así mesmo, gozaron do xogo varios residentes do pobo saharaui e os delegados de zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps): Maite Martínez e Benigno López, que animaron aos integrantes do outro equipo, no que xogaban, entre outros, Azman Lehbib e o seu fillo, Hassan e outros que saharauis viven en Narón e en concellos como Ferrol e Ares.
Os xogadores, en función do equipo vestían camisetas de cor verde (os concelleiros e alcaldes) ou branca (os residentes saharauis en Galicia), nas que se podía ler o lema “Solidariedade co Sahara”.
O partido organizouse para recadar fondos para o pobo saharaui, coa venda de bonos a catro euros e tamén a habilitación dunha “Fila 0” nunha entidade bancaria para realizar ingresos destinados a esta causa. A vindeira semana coñecerase a cantidade exacta que se doará á ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps), que financia proxectos de axuda humanitaria dirixidos ao pobo saharaui, e programas como “Vacacións en Paz”, que cada ano trae aos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal a menores saharauis, para afastalos das elevadas temperaturas que se alcanzan no deserto arxelino durante o verán.
Desde a organización agradeceuse a colaboración tanto dos xogadores como de todas aquelas persoas que, dun ou doutro xeito, realizaron donativos para colaborar coa causa saharaui.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal