Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
Á VENDA AS ÚLTIMAS ENTRADAS PARA A FESTA DO LISCO QUE SE CELEBRARÁ EN DOSO
Á VENDA AS ÚLTIMAS ENTRADAS PARA A FESTA DO LISCO QUE SE CELEBRARÁ EN DOSO
A Concellería de Festas e a AVV A Naveira organizan este evento, que terá lugar o 6 de maio baixo unha carpa que se instalará na zona da pista polideportiva da parroquia
Narón, 4 de maio de 2017. A Concellería de Festas de Narón, dirixida pola edil Mar Gómez, e a AVV A Naveira, de Doso, organizan un ano máis a “Festa do lisco”. A cita programouse para este sábado, 6 de maio, baixo unha carpa climatizada que se instalará para a ocasión na pista polideportiva da parroquia, e dará comezo sobre as 22.00 horas. As persoas interesadas en asistir á degustación gastronómica poden adquirir aínda as súas entradas no local social de Doso ou, no caso de que queden algunhas, o propio sábado na pista polideportiva. Desde a organización indicaron que xa está confirmada a asistencia dunhas 150 persoas e indicaron que a carpa ten capacidade para algo máis de 200 comensais.
O menú será a base de paella, liscos á brasa, pan, cachelos, bebidas, café, bola e queimada. O prezo é de 14 euros para os socios da AVV A Naveira e de 18 euros para o resto de asistentes.
O dúo musical D´Ases será o encargado do apartado musical, amenizando esta nova edición da “Festa do lisco” en Doso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal