Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASUMIRÁ AS COMPETENCIAS DE MARIÁN FERREIRO DURANTE A BAIXA DA EDIL POR MATERNIDADE
O ALCALDE ASUMIRÁ AS COMPETENCIAS DE MARIÁN FERREIRO DURANTE A BAIXA DA EDIL POR MATERNIDADE
José Manuel Blanco farase cargo das concellerías de Cultura e Relacións Institucionais e o edil Guillermo Sánchez Fojo asumirá temporalmente a portavocía do grupo municipal de Terra Galega
Narón, 8 de maio de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asumirá temporalmente a Concellería de Cultura e a delegación de Relacións Institucionais. O rexedor local farase cargo das citadas áreas durante a baixa por maternidade da edil Marián Ferreiro tralo nacemento o pasado sábado, día 6, do seu segundo fillo, Antón Ferreiro Fernández, irmán de Xulia.
A previsión é que Marián Ferreiro se incorpore de novo aos seus cargos, aos que se suma a vicepresidencia do Padroado da Cultura, o vindeiro mes de setembro, unha vez finalice o período de baixa por maternidade. A edil naronesa, tamén portavoz de Terra Galega, é concelleira en Narón desde as pasadas eleccións de 2015, cando ocupou o posto número 2 das listas de TEGA na localidade.
A portavocía do grupo municipal de Terra Galega no Concello de Narón ostentaráa neste mesmo período o concelleiro de Protección Civil, Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal