Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ENTREGADOS OS PREMIOS DO "II CONCURSO DE RELATOS CURTOS" ORGANIZADO POLO CONCELLO E A ONG ACCIÓN FAMILIAR
ENTREGADOS OS PREMIOS DO
O acto pechou o programa deseñado desde o goberno local e a citada ONG para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano
Narón, 9 de maio de 2017. A concelleira de Acción Social, Catalina García, asistiu ao acto de entrega de premios do “II Concurso de relatos curtos” organizado polo Concello e o programa de minorías étnicas da ONG Acción Familiar (AFA) Ferrol, e no que colaborou a xoguetería Din&Don. A proposta, baixo o título “Cóntanos o teu conto do pobo xitano”, enmárcase nos actos deseñados para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano, que tivo lugar o pasado 8 de abril. Os gañadores do certame, que se dirixía a rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria de centros de ensino de Narón, foron: Marcos Rodríguez Fernández, do CEIP A Solaina, que gañou unha consola PSP polo relato “Amistad sin fronteras”; Tania Vilela Peñas, do CPI do Feal, que obtivo unha maqueta construíble por “O neno que quere ser xitano”, e Clara Fernández Menéndez, do CEIP A Gándara, que gañou unha mochila polo traballo, “Nueva en el cole”. Do total dos nove colexios nos que se deu a coñecer este concurso participaron tres –os anteriormente citados-, presentando un total de vinte e oito relatos.
A entrega de premios tivo lugar na xoguetería Din&Don, en Narón, e ao acto acudiron tamén a presidenta e a secretaria de AFA Ferrol, María del Mar Used e Concepción Rubio, respectivamente; a xerente da xoguetería Din&Don, e outras representantes da citada ONG.
García agradeceu a participación das nenas e nenos que presentaron os seus relatos a este certame e felicitounos pola súa implicación, así como aos tres gañadores desta edición. A edil naronesa incidiu en que “entre os obxectivos deste concurso está o de inculcar entre os menores as diferentes formas de vida das persoas atendendo ás súas propias culturas”, e subliñou “a importancia do respecto á diversidade das mesmas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal