Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO VIOLINISTA ARA MALIKIAN NO PAZO DA CULTURA
O recoñecido músico de orixe libanés actuará o vindeiro 21 de outubro en Narón, deleitando ao público con temas do seu novo disco
Narón, 11 de maio de 2017. O violinista de orixe libanés e afincado en Madrid Ara Malikian actuará o sábado 21 de outubro no Pazo da Cultura. Recoñecido artista a nivel nacional e internacional, Malikian deleitará ao público con temas do seu novo disco, “La increíble gira de violín”, nun concerto que dará comezo ás 20.00 horas. As entradas puxéronse á venda esta mañá e teñen un prezo para compras anticipadas de 25 euros para o público xeral e de 17,50 en tarifa reducida e o propio día da actuación o prezo será, respectivamente, de 29 e 20,30 euros. Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O público que acuda a este concerto terá a oportunidade de gozar do inesgotable talento deste músico, que dende neno comezou neste mundo da man do seu pai e que deu o seu primeiro concerto con doce anos. Formado en prestixiosos centros, Malikian obtivo numerosos recoñecementos a nivel internacional, donde se recoñeceu o seu gran traballo. Ao seu primeiro disco, “Las cuatro estaciones” (1995) seguíronlle outros vinte e catro nos últimos anos. Pero este virtuoso do violín, cun talento excepcional para tocar este instrumento musical por todo o mundo, coñeceu de primeira man as dificultades ata chegar ao éxito, ensaiando e tocando en moitas ocasións en refuxios, co ruido de fondo do estoupido das bombas da Guerra Civil libanesa. Ara Malikian participou tamén en bandas sonoras de películas dirixidas polo cineasta español Pedro Almodóvar e colaborou con grupos e artistas como Extremoduro, ou o bailarín Joaquín Cortés, entre outros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal