Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE FORMACIÓN E MOCIDADE CONVOCA CATRO NOVAS ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS DE NARÓN
O prazo de inscrición nos cursos de "Peón forestal", "Conservación de vivendas", "Conversa en inglés" e "Peixeiro/a" abrirase o 15 de maio
Narón, 12 de maio de 2017. A Concellería de Formación e Mocidade convoca catro novas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas de Narón maiores de 18 anos e enmarcadas nos programas municipais “Formación 2017” e “Mocidade 2017”. O prazo de inscrición para estas catro convocatorias, das que só se poderá solicitar unha, tal e como subliñou a edil da área, Natalia Hermida, abrirase o vindeiro luns, 15 de maio. As persoas interesadas deben cubrir unha instancia xenérica que se pode solicitar no Rexistro municipal ou descargar da páxina web do Concello: www.naron.es. Unha vez cumplimentada debe entregarse no citado Rexistro, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As catro sesións desenvolveranse no Centro de Formación Municipal Irmás Froilaz, na Gándara. En canto ao programa municipal de “Formación 2017”, a concelleira naronesa indicou que as accións formativas convocadas son tres: de “Peón forestal”, para 12 alumnos/as e dun total de 175 horas que se impartirán do 5 de xuño ao 21 de xullo e cunha parte práctica; “Conservación de vivendas” (pintura e pladur), para un total de 15 persoas e de 200 horas, a impartir do 12 de xuño ao 7 de agosto; e “Conversa en inglés”, para dous grupos, de 15 persoas cada un, e de 80 horas, a desenvolver do 3 de xullo ao 29 de agosto, tal e como explicou Hermida. Para máis información sobre este programa pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1123, 2602, 1120 e 1107). A convocatoria aberta para o outro programa municipal, “Mocidade 2017”, diríxese tamén a desempregados de Narón, pero neste caso de entre 18 e 35 anos (inclusive). Os requisitos para a solicitude da acción formativa de “Peixeiro” son os mesmos que no caso dos cursos da área de Formación, en canto ás inscricións. Esta convocatoria diríxese a un total de 15 alumnos/as e terá unha duración total de 400 horas, entre o 26 de xullo e o 22 de novembro e contempla unha parte práctica en obradoiros de peixería e en empresas, tal e como indicou a edil de Mocidade. Hermida animou á veciñanza que cumpra os requisitos esixidos a inscribirse nalgunha destas accións formativas convocadas desde a Concellería de Formación e Mocidade. A edil avanzou que nos vindeiros meses se programarán novos cursos e subliñou a importancia da formación de cara a acceder a un posto de traballo. A edil naronesa recordou que estas accións formativas se complementarán con outras a convocar este mesmo ano, no que se alcanzarán, recalcou, as 6.000 horas de formación.
Descarga de archivos
Instancia xenérica
Tamaño:138,28 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal