Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN COMEZAN COA REPRESENTACIÓN DA OBRA "O MUNDO DE ALICIA"
AS MOSTRAS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE TEATRO DE NARÓN COMEZAN COA REPRESENTACIÓN DA OBRA
O Auditorio municipal acollerá un total de nove representacións ata o vindeiro 31 de maio, todas elas con entrada de balde
Narón, 15 de maio de 2017. O Padroado da Cultura iniciará o 16 de maio o calendario de Mostras de Fin de Curso na Escola de Teatro de Narón. O Auditorio municipal acollerá, ás 20.30 horas, a representación da obra “O mundo de Alicia”, a cargo de alumnado de segundo curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. A de mañá será a primeira das nove mostras escénicas programadas ata o vindeiro 31 de maio a cargo de alumnado da Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores e dos Obradoiros Municipais de Teatro do Padroado da Cultura de Narón. A entrada a todas estas representacións é de balde.
“O mundo de Alicia” é unha obra con escenas dos textos “A función do tequila”, de Manuel Guede; “Pequenos actos pseudorrevolucionarios”, de Santiago Cortegoso, e “Alicia & Alicia”, de Paula Carballeira. O equipo actoral estará dirixido por Silvia Casal, encargada tamén de realizar a escolma dos citados textos.
Esta iniciativa, que se leva a cabo cada ano coincidindo co final do curso das Escolas de Teatro do Padroado da Cultura, convócase para amosar ao público naronés unha parte do traballo realizado polo alumnado e o profesorado das mesmas, iniciado o pasado mes de outubro. No último curso contabilizáronse unhas duascentas alumnas e alumnos nestas áreas de formación, tal e como se indicou desde o Padroado da Cultura de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal