Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE PREMIOS DO "XXVIII CERTAME INTERCENTROS CONCELLO DE NARÓN" NO PAZO DA CULTURA
ENTREGA DE PREMIOS DO
Uns oitocentos alumnos e alumnas de colexios e institutos da cidade partiparon nalgunha das diferentes modalidades deste certame, que o vindeiro ano organizará o CPI do Feal
Narón, 16 de maio de 2017. A entrega de premios do “XXVIII Certame Intercentros Concello de Narón” tivo lugar esta mañá no Pazo da Cultura. Uns trescentos alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Narón acudiron ao acto para recoller uns recoñecementos outorgados nas diferentes categorías do certame, no que participaron oitocentos rapaces e rapazas da localidade. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, felicitou aos participantes nesta convocatoria en xeral e, en particular, a todos e todas os que recibiron algún dos premios desta convocatoria. O rexedor local entregou algúns dos premios, xunto con representantes dos grupos políticos da corporación local, dos centros de Ensino e tamén a inspectora do Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ferrol, María Elena Urquiaga, que presenciou o acto.
Dous alumnos e unha alumna da Escola de Teatro de Narón encargáronse de presentar o certame, no que catro alumnas do IES Terra de Trasancos –Mireia Doce, Claudia Lamas, Alba Sueiras e Andrea Lorenzo-, de primeiro curso de BAC, interpretaron unha canción. Estudantes de diferentes cursos dos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, A Gándara, A Solaina, O Feal, o CRA de Narón, os IES As Telleiras e Terra de Trasancos recibiron premios “en especie” de 50 ou 100 euros, dependendo da categoría.
Os recoñecementos entregáronse nas modalidades de Murais, Conto, Conto Ilustrado, Cómic, Expresión oral, Canción en galego, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Poesía, Teatro escrito e Narrativa, en función de diferentes categorías. O premio polo cartel anunciador deste certame foi para o colexio organizador, o CEIP da Gándara, que no acto de hoxe cedeu o testigo ao CPI do Feal, centro que se encargará de organizar a vixésimo novena edición do Certame Intercentros Concello de Narón o vindeiro ano.
O alcalde naronés pechou o acto agradecendo a colaboración de todos os centros educativos que se implican nesta convocatoria cada ano e animou aos rapaces e rapazas a seguir conmemorando, con actividades como a desenvolvida hoxe e as que terán lugar esta semana no municipio, o Día das Letras Galegas. Blanco felicitou tamén ao centro organizador polo traballo realizado e animou aos representantes do CPI do Feal para preparar a convocatoria do vindeiro ano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal