Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "PERCUBEBÉ"
A iniciativa, impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do programa Apego, diríxese a nenos e nenas de 0 a 4 anos
Narón, 17 de maio de 2017. O espectáculo “Percubebé” chegará o vindeiro 31 de maio a Narón. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá esta iniciativa, enmarcada no proxecto Apego, e para a que é precisa inscrición previa, que se poderá formalizar a partir do xoves, día 18 no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a través do correo electrónico: n.bacelo@naron.es ou do número de teléfono 981 337 700 (extensión 1516). A actividade, impulsada na localidade pola Concellería de Ensino e Bibliotecas a través do citado Servizo, diríxese a nenas e nenos de 0 a 4 anos. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se desenvolverán dúas sesións, unha que comezará ás 18.15 horas e outra ás 19.15, ambas dirixidas a un aforo máximo de trinta menores. Terán prioridade á hora de inscribirse as familias que forman parte do proxecto Apego, tal e como apuntou a edil. “Percubebé” é un espectáculo musical no que as nenas e os nenos se relacionan coa música tradicional e os instrumentos propios da cultura galega, experimentando así cos diferentes sons. A cita inclúe ademais unha serie de exercicios e xogos de movemento cos que traballar a coordinación e os reflexos dos menores mediante cantos e danza.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es