Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN XUVENIL "XERACIÓN" EN DIVERSAS INICIATIVAS ENCAMIÑADAS A FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN XUVENIL
Dúas rapazas procedentes de Polonia e Eslovaquia traballan desde hai sete meses en diferentes proxectos vencellados ás veciñas e veciños do municipio
Narón, 19 de maio de 2017. A asociación xuvenil Xeración impulsa na cidade proxectos transnacionais e iniciativas locais encamiñadas a fomentar a participación cidadá. Algunhas destas inicativas están en marcha no local social de Piñeiros, ata donde se desprazou a concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García, para ver os avances das mesmas. O presidente de Xeración, Francisco Sequeiro, explicou que entre os obxectivos do colectivo está “promover a mobilidade xuvenil, ofrecendo a xente doutros países a posibilidade de vivir unha experiencia de intercambio”. A edil naronesa felicitou ao representante da asociación polo labor que desenvolven e destacou a importancia deste tipo de iniciativas, en canto que, subliñou, “fomentan a solidaridade e a cooperación e promoven a participación da cidadanía en diferentes áreas, neste caso a través dun sistema de voluntariado”. A Concellería de Acción Social e Participación Cidadá colabora coa citada asociación en diversas propostas a desenvolver no municipio.
Dúas rapazas, Emilia Garska, de Polonia, e Jana Sadovska, de Eslovaquia, levan xa sete meses na cidade –estarán aínda dous máis- e encárganse de diferentes proxectos vencellados a esta entidade. Emilia decorará con tres murais o interior do local social de Piñeiros. Un deles xa está rematado desde hai uns días e o deseño, que ela mesma realizou, pretende incidir na importancia da mobilidade, seguindo así as liñas marcadas pola asociación. “A bombilla simboliza a diversidade de ideas, os ollos amosan a importancia de viaxar…”, explica Garska. Traballa agora no segundo mural, cunha liña similar en canto ao significado do deseño, tal e como avanzou.
Tamén se atopa en Narón, nunha das oficinas do local social de Piñeiros, Jana Sadovska. O seu labor consistiu nestes meses na cidade en impartir clases de inglés, colaborar no Centro de Recursos Solidarios de Narón… e traballa agora noutras propostas. Entre elas, unha de carácter internacional coa que implicar aos rapaces e rapazas nun proxecto sobre o impacto da moda no medio ambiente.
A asociación Xeración ten na actualidade unha trintena de socios de Narón e doutros concellos da comarca, todos eles de entre 18 e 30 anos. Dous deles están actualmente en Bosnia e nun prazo dun mes partirá un grupo cara a Romanía, tal e como explicou o presidente da entidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal