Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CEIP PIÑEIROS COLABORA COA POLICÍA LOCAL NUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN VIARIA
Dous escolares exercen como axentes antes da entrada ao colexio, durante media hora, asesorando tanto aos seus compañeiros e compañeiras como aos país e nais sobre a normativa en materia de educación viaria
Narón, 22 de maio de 2017. Dous alumnos de quinto curso de Primaria do CEIP de Piñeiros exerceron hoxe durante uns minutos como axentes da Policía Local ás portas do centro. A iniciativa forma parte do programa Camiño Escolar Seguro, iniciado a principios deste mes e impulsado desde a Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público, que dirixe o edil Guillermo Sánchez Fojo. Esta proposta levará cada semana a dous estudantes do centro a informar e axudar aos seus compañeiros e aos pais e nais que participan no programa da normativa en materia de seguridade viaria, tal e como explicou o edil naronés. Manuel e Lucía, cos seus chalecos e unha gorra de policía, situáronse esta mañá nas inmediacións do seu colexio para axudar a Pedro Caneiro, un dos axentes da Policía Local de Narón que integra o equipo de Educación Viaria do Concello. Alí indicaron aos seus compañeiros e aos seus pais e nais, a medida que iban chegando, entre as 8.30 e as 9.00 horas, as principais pautas a seguir en materia de seguridade viaria. Manuel e Lucía apercibiron a algúns menores que acudían sen casco na bicicleta, aos que non cruzaban a estrada polo paso de peóns e incluso alertaban a Caneiro dos vehículos que estacionaban indebidamente nas inmediacións do centro escolar. Na actualidade uns 170 nenos e nenas do colexio de Piñeiros participan activamente no programa Camiño Escolar Seguro, tal e como indicaron desde o equipo de Educación Viaria do Concello. Desde hoxe e ata final de curso dous estudantes encargaránse durante unha semana de exercer como axentes, unha iniciativa para a que xa se apuntaron tamén a maior parte dos rapaces e rapazas que se implicaron nesta proposta educativa. “Queremos agradecer desde o Concello unha vez máis a implicación do alumnado e dos seus pais e nais nos diferentes proxectos impulsados desde Narón en materia de seguridade viaria”, destacou Sánchez Fojo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal