Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADA UNHA NOVA EDICIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A parroquia do Val recreará estas historias na noite do 21 de Xuño, a partires das 19 horas.
Narón, 12 de Xuño.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón ven de presentar a 11ª edición das Lendas da Pena Molexa, que se celebrará no lugar de Vilasuso (O Val) na tarde-noite do 21 de Xuño. O programa de actividades ten por obxetivo conquerir a participación da veciñanza do Val na vida cultural a través da súa implicación na organización e deseño do evento, no que colabora a Asociación Cultural, Recreativa e de Mulleres "Zarabanda". Está prevista a participación de máis de 1.000 persoas nesta festa, tendo en conta que na anterior edición a cifra ascendeu xa a 1.200 asistentes. As actividades programadas para esta edición son as seguintes: xogos populares e deporte rural, concerto de música popular a cargo de "A Roda", recreación das Lendas da Pena Molexa, e lumieira e repichoca de música tradicional. Ademáis, haberá unha churrascada de valde (de 21 a 22:30 horas, e de 00:30 horas en adiante). A HISTORIA DA PENA MOLEXA Na parroquia do Val, no lugar de Vilasuso, gárdanse na memoria viva da veciñanza, por medio de transmisión oral, unha serie de Lendas de orixe indoeuropeo que recolle unha serie de elementos culturais de grande valor etnográfico e antropolóxico galego. As Lendas da Pena Molexa, con moitas versións, recóllense eiquí nas variacións da Pena que se converte en fada ou doncella na noite solsticial do verán, e das Penas que se convirten en guerreiras/os co seu señor do Castro de Vilasuso, nesa mesma noite.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal