Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTADO NO CONCELLO O ESTUDO "DIAGNÓSTICO SOCIOECONÓMICO COMPARADO DE FERROL E A SÚA ÁREA DE INFLUENCIA"
PRESENTADO NO CONCELLO O ESTUDO
A Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) encargou o documento, presentado ao alcalde, José Manuel Blanco, e aos edís de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, e Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 29 de maio de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, e de Promoción Económica, Pablo Villamar, asistiron esta mañá á presentación do estudo “"Diagnóstico socioeconómico comparado de Ferrol e a súa área de influencia"”, encargado ao profesor da UDC Jesús Ángel Dopico desde a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF). Á convocatoria, que tivo lugar ás 12.00 horas no Concello de Narón, acudiu tamén o presidente da AEF, José Ramón Franco, e persoal técnico.
Na xuntanza déronse a coñecer os datos recabados neste estudo, con información básica de partida da área de influencia de Ferrol, as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. En total analizouse información de 20 concellos, abarcando unha poboación de 196.203 habitantes e cun total de 11.030 empresas. Indicadores de poboación, do PIB, relacionadas con servizos e infraestruturas, como o Porto Exterior ou os polígonos industriais, forman parte deste laborioso traballo. Entre os obxectivos do mesmo está “realizar un análisis sintético pero completo de datos agregados o máis actualizados posibles” e contar cunha base cuantitativa para análisis posteriores, así como contribuír a determinar un plan estratéxico para a área analizada.
No estudo realízanse comparativas da comarca con outros concellos de Galicia e de España e preséntanse unhas conclusións finais nas que se aborda a situación da zona, destacándose o declive demográfico e a situación xeral do sector empresarial da comarca, entre outros puntos.
O alcalde naronés ofreceu a colaboración do Concello naronés para continuar avanzando neste tipo de iniciativas, encamiñadas a coñecer de primeira man a situación real dos municipios da comarca, para así poder analizar a situación dos mesmos e contribuír na medida das posibilidades da administración local á mellora de problemas detectados na zona.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal