Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DO PROGRAMA "INFORMÁTICA DIVERTIDA"
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ACCIÓN FORMATIVA DO PROGRAMA
A Concellería de Novas Tecnoloxías convoca una acción formativa sobre "Programación e robótica educativa" dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos
Narón, 2 de xuño de 2017. A Concellería de Novas Tecnoloxías convoca unha nova acción formativa do programa municipal educativo “Indi-Informática Divertida”. A edil responsable da área, Natalia Hermida, explicou que os destinatarios das sesións de “Programación e robótica educativa” son un total de quince rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos e anunciou que o prazo de inscrición abrirase o luns día 5 de xuño e rematará o vindeiro 23 de xuño. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recalcou a edil naronesa.
As clases –un total de 70 horas- desenvolveranse na Aula Cemit de Xuvia, desde o 3 ata o 31 de xullo, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30. Iniciación á programación de videoxogos; Creación de blogs para nen@s; Creación de cómics dixitais e “Hour of code” son os contidos que se abordarán nas sesións.
As persoas interesadas en anotarse deben cubrir unha instancia xenérica e un anexo (II) asinado, podendo descargar ambos documentos da páxina web do Concello de Narón a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/programacion-e-robotica-educativa-INDI. Os documentos deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello (donde tamén se poden recoller a solicitude e o anexo) de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00. Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1517).
A edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, destacou o éxito que tivo a anterior edición desta acción formativa celebrada tamén o ano pasado, para a que se esgotaron as prazas e que valoraron moi positivamente os nenos e as nenas que asistiron unha vez que rematou. “O mundo da robótica esperta o interese de moitos rapaces e rapazas que gozan coas novas tecnoloxías e que terán a oportunidade de aprender a crear un videoxogo, un blog ou cómics dixitais, entre outras propostas”, destacou Hermida, que animou á veciñanza a anotarse nesta nova edición.
Natalia Hermida explicou que esta mesma acción formativa se ofrece desde o Concello ás parroquias da zona rural (Sedes, Pedroso, Castro, Doso, O Val, San Mateo e San Xiao), nas que se impartirán as clases cando se forme un grupo cun mínimo de asistentes. As inscricións neste caso, tal e como recalcou a edil, xestiónanse a través das respectivas entidades veciñais nos seus locais sociais.


Descarga de archivos
Instancia xenéricaTamaño: 138,28 KBDescargar
Anexo II INDITamaño: 48,56 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal