Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XUVIÑO GASTRONÓMICO CELEBRARASE OS DÍAS 10 E 11 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Medio centenar das adegas máis representativas do país participarán neste evento, no que tamén haberá food trucks, música e zona de xogos para nenos e nenas
Narón, 2 de xuño de 2017. A concelleira de Festas, Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou o Xuviño Gastronómico, acompañada polo sumiller Luis Paadín, que participará co seu fillo Alejandro nunha das actividades máis destacadas desta edición, o “Túnel do viño”. A cita será os días 10 e 11 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, e na mesma estarán presentes medio centenar das adegas máis representativas do país, que traerán caldos de diversas Denominacións de Orixe (Ribeiro, Rioja, Ribera del Duero, Ribeira Sacra, Albariño, etc.), tal e como explicou Mar Gómez. A edil recordou que trata da segunda edición que organiza o Concello –anteriormente coorganizábase con Neda-, e animou aos veciños e veciñas de Narón e comarca a acudir a este evento, “co que un ano máis queremos destacar o traballo do sector vinícola e tamén dar a coñecer os mellores caldos do noso país”. O sábado día 10 ás 11.00 da mañá inaugurarase a convocatoria, na que os asistentes poderán degustar as diversas variedades de viño adquirindo os tickets que se venderán na zona, a un prezo de dous euros –non se inclúe a copa-. Entre as 14.00 e as 15.00 horas o grupo “Sin tron ni son” encargarse de amenizar a xornada. Xa pola tarde, ás 17.00 horas dará comezo a actividade “Túnel do viño”, na que o sumiller Alejandro Paadín participará nunha Cata de viño –é preciso abonar cinco euros para as poder asistir á actividade-, nunha mostra con máis dun centenar de recoñecidos caldos e augardentes de Galicia. “Trátase de acercar o viño ao maior número de persoas posible, e este é un formato moi cómodo que non precisa de adegueiros e no que a xente vai probando uns caldos de marcas xa consagradas, testados previamente por catadores dos Consellos Reguladores”, explicou Paadín. A idea é, destacou, “dar a coñecer varios viños pero a través dun consumo civilizado e responsable”. Cada un deles servirase nunha champaneira individual transparente e ao lado terá, na mesa, unha folla con información e datos comerciais da adega que o comercializa”, indicou o sumiller. Entre as 19.00 e as 20.00 horas desenvolveranse as sesións de “Showcooking” (Cociña en vivo), a cargo de Miguel Cano e José Sola, ambos cociñeiros do Grupo Raza Nostra, unha das empresas máis coñecidas do país na venda de carne de razas autóctonas e cun céntrico restaurante en Madrid. Para degustar os platos destas sesións é preciso ter a invitación –que repartirán os adegueiros-, xa que o cupo é de cen persoas como máximo, se ben poderán ver o traballo que alí se realice todos os que o desexen a través dunha pantalla. A partir das 21.00 horas actúa o grupo Blackjack. O domingo continuará o Xuviño Gastronómico a partir das 11.00, coa apertura dos postos dos adegueiros. Ás 12.00 haberá un “Taller de cata” con Alejandro Paadín –previa inscrición de cinco euros- e de 14.00 a 15.00 horas música con Blackjack. O programa da tarde do domingo será igual ao do sábado, co “Túnel do viño” a partir das 17.00 –para o que é preciso inscribirse se se quere participar na Cata de viños- e “Cociña en vivo” con degustacións de 19.00 a 20.00 horas. Este ano haberá, explicou a edil naronesa, cinco food trucks, que venderán comida e doces: Toloache –con comida mexicana-, La Carnioneta –con diferentes variedades de carne-; El Chef Nómada –que ofrece “comida rápida “gourmet-; La Pulponeta –con pulpeiros- e Crema de Cielo –de doces-. Asimismo, habilitarase unha zona de ocio infantil para os nenos e nenas no paseo marítimo de Xuvia. Finalmente a concelleira agradeceu a participación dos adegueiros, sumillers, chefs e tamén das empresas Cofrinox, que instalará as cociñas para o Showcooking e de Carnicería Bruno, que doará a carne coa que se cociñarán os diferentes platos da actividade “Cociña en vivo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal