Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE DE NARÓN E O ACTOR FEDERICO LUPPI PRESENTAN EN SANTIAGO A MOSTRA "CINEMA E SOCIEDADE"
O ALCALDE DE NARÓN E O ACTOR FEDERICO LUPPI PRESENTAN EN SANTIAGO A MOSTRA
Organizada pola asociación Conxeito, se celebrará en Narón do 4 ó 11 de Outubro.
Narón, 16 de Xuño.- O actor e director cinematográfico arxentino Federico Luppi –Presidente Honorífico da Mostra-, Luis Calvo Teixo -director da mesma- e o Alcalde de Narón, Xoán Gato, presentaron o sábado 14 de Xuño no Clube Internacional de Prensa de Santiago a primeira mostra "Cinema e Sociedade 2008". Este evento terá lugar en Narón do 4 ó 11 de Outubro, baixo o patrocinio do Padroado de Cultura e do Concello de Narón.

Narón amplía a súa oferta cultural coa organización dunha mostra pioneira de cinema social. A iniciativa ten un obxectivo doble: render homenaxe ao colectivo de actores galegos e por de manifesto problemáticas sociais de máxima actualidade.

A Mostra “Cinema e Sociedade” proxectará unha selección de filmes desde os que suscitar o debate, cun claro posicionamento de compromiso social e de denuncia. A fin é a de achegarse a tódolos axentes sociais, a tódolos públicos, sen dúbida, sensibles ás diferentes problemáticas que acontecen no noso entorno (violencia de xénero, os efectos da inmigración, drogas, desastres ecolóxicos, guerras…). O cinema xurde aquí como extraordinaria ferramenta para asomarmos á realidade social, tendo ocasión de analizar diferentes enfoques que se abren no tratamento de situacións, hoxe, endémicas na nosa sociedade.

Un amplo abano de expertos, así como, a participación de voces activas nas distintas materias abordadas- colectivos sociais, universidades, concellos, entidades privadas, profesionais liberais- ademais dun dos actores protagonistas do filme analizado, farán de cada sesión unha enriquecedora xornada que inducirá a reflexión e da que extraer solucións adaptables ao noso cotiá.

Os debates irán virando, en cada xornada, ao redor das temáticas das películas que se proxecten ese día. A iniciativa está aberta, ademais da o público en xeral, a todos os estudantes de institutos da comarca e alumnos de Formación Profesional -a partir de 15 anos de idade- e a asociacións de todo tipo, como Almat, Cáritas e Afal, pola temática que se abordará no ciclo.

O proxecto foi presentado a finais do pasado mes de maio no Concello de Narón, contando co apoio do Padroado de Cultura.

PELÍCULAS QUE SE PROXECTARÁN

As longametraxes que serán proxectadas comezarán cunha proxeción-homenaxe ó cine mudo: “El maquinista de la general”, de Buster Keaton, ocupará a xornada do Sábado 4 de outubro, data na que se inaugura coa exposición “Os cines na comarca”. A partir do domingo 5, Y tú quién eres, León y Olvido, 2050, Pradolongo, Un franco, 14 pesetas, Ilegal, Mar Adentro, El regalo de Silvia, Heroína, Football Factory, Te doy mis ojos, Princesas… encherán as proxecións; pero non faltarán Mesas de debate sobre temas de carácter social e ligadas ás proxecións: o cambio climático, a emigración e inmigración, as doazóns e transplantes, as drogas, a violencia de xénero, serán parte destes temas que se debatirán consecutivamente coas proxecións cinematográficas.

Cómo nace

A Mostra “Cinema e Sociedade” nace coa vontade solidaria de controbuir a coñecer a nosa realidade e promover o debate social, utilizando o mundo da imaxe e do cine en particular, inculcando uns valroes solidarios e de entrega na defensa d@s máis necesitad@s, ao tempo de render unha homaxe pública a tódolos homes e mulleres que veñen desenvolvemento o seu labor neste eido dun xeito comprometido socialmente.

Nesa liña, a Mostra “Cinema e Sociedade” estrutúrase en varias seccións dedicadas, cadansúa, aresaltar aqueles traballos a criterio da organización, que leven unha mensaxe solidaria e de aprendizaxe, cara á comprensión, participación e integración dos diferentes colectivos nunha sociedade máis igualitaria e participativa, sen distincións de razas, ideoloxías e situacións persoais.


Esta mostra está pensada dende a perspectiva de realizar unha actuación que axude a dinamizar a actividade cultural existente na comarca de Ferrol, tentando complementar o progreso económico que está a imprimirse dende distintas instancias, entidades e que, ó tempo, sexa un referente en Galicia e pólo de atracción a nivel cultural e social doutras comunidades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal