Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS 17.000 PERSOAS VISITARON A CIDADE A PASADA FIN DE SEMANA CON MOTIVO DA "XII CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
Exhibicións de trial, rutas mototurísticas, o tradicional "Desfile das antorchas" e música formaron parte do programa, que tamén tivo un apartado de promoción turística cun stand do Xeodestimo Ferrolterra-Rías Altas
Narón, 5 de xuño de 2017. A duodécima edición da “Concentración Moteira Cidade de Narón” superou este ano todas as expectativas da organización en canto a número de visitantes. Así o confirmaron os representantes do Moto Club Fojeteiros, que agradeceron a implicación de todas as persoas que se desprazaron á localidade e contribuíron a que o evento fose un ano máis todo un éxito. O presidente do Moto Club Fojeteiros, José María López Quintián, asegurou que participaron na convocatoria –durante os días 2, 3 e 4 de xuño- unhas 17.000 persoas, chegadas de diferentes concellos de Galicia e tamén procedentes doutras comunidades autónomas. Na mesma liña, desde as concellerías de Deportes e Turismo, presididas por Román Romero e Natalia Hermida, respectivamente, destacaron a gran afluencia de público ao evento e valoraron o traballo realizado desde Fojeteiros e tamén o de todas aquelas persoas que colaboraron coa organización. Desde o pasado venres ata onte máis de seiscentas motos concentráronse no paseo marítimo de Xuvia, donde gozaron dun completo programa de actividades que incluíu rutas mototurísticas pola comarca, ceas, concertos, exhibicións de trial e o tradicional “Desfile das antorchas”. Pasadas as 23.00 horas do sábado, os moteiros percorreron con fachos un tramo da estrada de Castela –entre Xuvia e a Ponte das Cabras- e o público animou con tres mil luces químicas que repartiu a organización, ao tempo que se baixaba a iluminación pública nese tramo da estrada, o que fixo o evento aínda máis espectacular. O domingo, tras xantar baixo a carpa de Xuvia e sortear varios agasallos, rematou esta edición do evento. Nesta ocasión tamén se puido ver en Xuvia, ademais dun mercadillo moteiro, un stand informativo do “Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, que se instalou no paseo o sábado, entre as 17.00 e as 21.00 horas. A edil de Turismo, Natalia Hermida, explicou que foi a primeira ocasión na que se levou a este evento e destacou a afluencia de persoas que se acercaron ao stand solicitando información sobre as rutas de sendeirismo de Narón, mapas comarcais e da localización Xeodestino. A iniciativa, recordou a edil naronesa, enmárcase dentro das actividades impulsadas pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol a través dun convenio coa Xunta de Galicia para promocionar o turismo do Xeodestino Ferrolterra Rías Altas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal