Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PASEO DE XUVIA E O COLEXIO JORGE JUAN ACOLLERON AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O PASEO DE XUVIA E O COLEXIO JORGE JUAN ACOLLERON AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Alumnado de centros educativos da cidade participará esta semana nas diferentes actividades programadas desde as Concellerías de Medio Ambiente, Servizos e Ensino
Narón, 5 de xuño de 2017. O paseo marítimo de Xuvia acolleu esta mañá os primeros actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. Trece alumnas e alumnos do IES Terra de Trasancos e vinte e cinco voluntarios dun programa europeo vencellados á Asociación Xuvenil Xeración, foron os destinatarios dunha das iniciativas desenvolvidas hoxe no paseo marítimo de Xuvia.
Ás 10.00 horas chegaron ao paseo de Xuvia os participantes nesta actividade, que se implicaron nun obradoiro medioambiental polo Río Grande de Xuvia, donde recibiron información sobre a flora e fauna características da zona, e tamén nunha actividade de limpeza dun tramo do citado cauce fluvial. Rematada esta proposta, comezou a “Feira solar”, con explicacións sobre o funcionamento das cociñas solares, un obradoiro de enerxía solar fotovoltaica e outro de enerxía solar térmica. Persoal especializado explicou aos rapaces e rapazas os diferentes modelos de cociñas e colectores existentes e tamén o seu funcionamento. Xogos xigantes de xadrez, catro en liñas, damas, crebacabezas, obradoiros de chapas conmemorativas e unha mostra expositiva completaron as actividades, que remataron sobre as 14.00 horas.
Así mesmo, hoxe comezaron no colexio Jorge Juan os “Obradoiros de reciclaxe e separación de residuos”, nos que colabora a empresa Urbaser. Neste caso, a proposta, que se prolongará ao longo de toda esta semana en diferentes centros escolares da cidade, os destinatarios son 397 rapaces e rapazas de cuarto e quinto curso de Primaria. Todos eles asistirán a unha charla sobre reciclaxe –nos propios colexios- que impartirá Sabela Herrero, da empresa Urbaser. As sesións teñen unha duración de case unha hora e programáronse en horario escolar (de 9.30 a 13.00 horas), incidindo na importancia da reciclaxe, da separación de residuos e no correcto uso dos colectores de recollida de residuos. As charlas continuarán mañá no colexio Santiago Apóstol; o día 7 de xuño nos centros do Feal e Ponte de Xuvia; o día 8 de novo no Feal e tamén na Gándara e o día 9 nos colexios Ayala e Virxe do Mar.
As concellerías de Medio Ambiente, Servizos e Ensino coorganizaron este ano o programa de actos do Concello para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal