Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCERTO DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA E DA BANDA INFANTIL DE NARÓN
A cita terá lugar o vindeiro 10 de xuño pola tarde no Pazo da Cultura e as entradas están á venda, para as persoas que non sexan socios/as de Sementeira, na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros
Narón, 6 de xuño de 2017. O alumnado da Escola de Música e os integrantes da Banda Infantil da Asociación Cultural Sementeira, de Narón, protagonizarán un ano máis o tradicional Concerto de Fin de curso no Pazo da Cultura. A cita terá lugar este sábado, día 10, a partir das 18.00 horas e conta coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón. As persoas que desexen asistir poden facelo adquirindo as entradas que están xa á venda na billeteira do Pazo, a un prezo de dous euros, se ben os socios de Sementeira poderán entrar de balde. O concerto pechará o curso 2016-2017 de Sementeira, cun programa dividido en dúas partes: os alumnos da Escola de Música e os da Banda Infantil de Narón. No caso da Escola, o vindeiro sábado actuará o alumnado de menor idade, que interpretará pezas cantadas do folclore africano para, unha vez remate, dar paso ás actuacións dos alumnos da Escola cos seus instrumentos musicais. Desde a Asociación Cultural Sementeira avanzaron ademais que durante o acto, moitos dos alumnos e alumnas participarán en grupos de música multiinstrumentais en pezas preparadas para este concerto. A Escola de Música Sementeira conta cun total de setenta e cinco alumnas e alumnos, con idades a partir de cinco anos. A Banda Infantil de Narón, integrada actualmente por corenta rapaces e rapazas de entre 11 e 21 anos, será a encargada de pechar o concerto con dous pasodobres e unha selección de temas da banda sonora do filme “Piratas do Caribe”. Na Escola de Música Sementeira impártense clases de óboe, clarinete, saxofón, frauta traveseira, fagot, violonchelo, contrabaixo, trompeta, trompa, trombón, tuba e percusión, para menores e adultos sen coñecementos previos e tamén para aquelas persoas que teñen xa experiencia e queren perfeccionar ou manter o contacto coa música, tal e como indicaron desde Sementeira. A Banda Infantil ten entre os seus obxectivos espertar o interese dos nenos e nenas pola música en conxunto, polo que os programas que interpretan son especialmente deseñados con temas musicais coñecidos e para tocar en grupo. A Banda Infantil de Narón comezou a súa actividade no ano 1995 e o pasado ano participou no “I Festival de Bandas Xuvenís de Galicia”, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música populares.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal