Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE POSTOS DE VENTA NA "XIX FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO"
A cita festiva terá lugar o vindeiro 16 de xullo nas inmediacións do local social da Picota e estará prohibida a venda de calquera clase de pementos, tal e como recalcaron desde a organización
Narón, 7 de xuño de 2017. A concelleira de Feiras, Festas e Mercados, Mar Gómez, mantivo unha reunión cos edís de Turismo, Natalia Hermida, e de Promoción Económica, Pablo Villamar, que xunto con representantes da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto ultimaron os preparativos da “XIX Festa Gastronómica do Pemento do Couto”. A cita terá lugar o vindeiro 16 de xullo nas inmediacións do local social da Picota e conta tamén coa colaboración, ademais do Concello e da citada Orde, da Cooperativa do Val e da AVV do Couto. Á espera de pechar definitivamente a programación deste tradicional evento, unha das festas gastronómicas de máis sona na cidade e na comarca, a concelleira de Festas anunciou a apertura, mañá, do prazo para que as persoas que desexen instalar postos de venda na zona durante a xornada poidan inscribirse. Gómez recordou que será preciso cumprir unha serie de requisitos, como ser maiores de idade, comerciantes ou vendedores ambulantes e presentar copia compulsada da autorización da venda ambulante. No caso de non dispoñer desta última, é preciso entregar unha fotocopia do DNI ou pasaporte; outra compulsada do carné de manipulador de alimentos actualizado e unha declaración xurada de que os produtos proveñen de colleita propia. Esta documentación hai que presentala xunto cunha instancia que se pode solicitar no Rexistro municipal (donde tamén se debe entregar, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00) ou descargar da páxina web do Concello de Narón (a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/festa-gastronomica-pemento-do-couto/). Os postos poderán permanecer abertos desde as 10.00 ata as 18.00 horas e está prohibida a exposición e venda de ningunha clase de pementos, tal e como se advertiu desde a organización.
Descarga de archivos
Formulario de inscrición
Tamaño:134,14 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal