Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA PARA O VINDEIRO 16 DE XUÑO A "X MARCHA CICLISTA ESCOLAR"
O CONCELLO CONVOCA PARA O VINDEIRO 16 DE XUÑO A
Máis dun milleiro de escolares da cidade participarán neste evento, que inicialmente se ía celebrar a finais de maio pero que tivo que suspenderse debido ao mal tempo
Narón, 7 de xuño de 2017. O vindeiro 16 de xuño terá lugar a “X Marcha Ciclista Escolar” organizada polo Concello de Narón. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, que recordou que o mal tempo obrigou a suspender a convocatoria programada inicialmente para o pasado 26 de maio. O edil explicou que o vindeiro día 16 é a data que mellor se adapta aos centros educativos participantes para celebrar este evento. O programa da Marcha Ciclista, na que participarán algo máis dun milleiro de escolares de diferentes centros, mantense tal e como se deseñou nun principio, apuntou o concelleiro naronés.
Alumnas e alumnos dos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, do centro Virxe de Chamorro e do colexio Maciñeira, (este último de Neda), participarán na convocatoria. Os rapaces e rapazas partirán dos seus colexios en bicicleta a partir das 10.15 horas, dividíndose en tres grupos que percorrerán outras tantas rutas ata reunirse nun punto de encontro. O destino final será, como cada ano, o paseo marítimo de Xuvia, donde os participantes gozarán a partir das 11.30 horas dun merecido descanso para comer un bocadillo e tamén gozar dalgunhas sorpresas. Os escolares permanecerán no paseo de Xuvia ata as 13.00 horas, aproximadamente, cando regresarán de novo en bicicleta cara aos seus colexios, dando por rematada esta nova edición da Marcha Ciclista Escolar.
Representantes das Anpas dos centros, do Moto Club Fojeteiros, do ximnasio Beny Gym, dos clubes ciclistas Vara e Pedal, Eskornabois, Camaleones Narón Bike e Clásico BikeWorks acompañarán aos escolares no percorrido, xunto con persoal do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Desde a organización agradeceuse a súa colaboración, así como a das empresas Coca Cola, Gadis e do Centro Comercial Narón, que aportan as bebidas e os bocadillos que se lles darán aos rapaces e rapazas.
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público destacou o éxito desta iniciativa, que alcanza na cidade a súa décima edición. O edil valorou a implicación dos escolares e dos centros participantes, así como de todas cantas persoas e entidades colaboran no evento. En canto ao desenvolvemento do mesmo, Sánchez Fojo pediu desculpas á veciñanza polas posibles molestias que poida ocasionar o paso da Marcha Ciclista por determinados tramos de viais da cidade. “Trátase dunha convocatoria pensada para os rapaces e rapazas, coa que celebramos tamén o final do curso e animamos aos escolares a levar uns hábitos de vida saudables, practicando deporte ao aire libre e participando nunha xornada de convivencia”, destacou Sánchez Fojo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal