Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A "IV LIGA IMPACT MODERN 2017" CELEBRARASE ESTE SÁBADO NO LOCAL SOCIAL DO ALTO DO CASTIÑEIRO
A
A Asociación Cultural Impact e o Concello organizan esta convocatoria, na que se estima que participarán medio cento de persoas procedentes de concellos de Galicia e Asturias
Narón, 7 de xuño de 2017. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este sábado, día 10, a cuarta edición da “Liga Impact Modern 2017” do xogo de cartas Magic The Gathering. A cita, que dará comezo ás 10.30 horas, ten como novidade que se retransmitirá en “streaming” a través da canle de Twitch (Impactreturns). A organización, a cargo da Asociación Cultural Impact Returns e na que colabora o Concello de Narón, conta con reunir a medio cento de participantes nesta convocatoria, procedentes de diferentes municipios de Galicia e Asturias.
No torneo do vindeiro sábado poderase obter unha ronda gañada para o Impact Returns Modern que se organizará para o Impact Weekend Narón, os días 21, 22 e 23 de xullo, donde se disputarán torneos de Legacy, Modern e Old School. Os participantes terán ademais a oportunidade de loitar por unha das cinco prazas existentes coas que conta a citada asociación para a Final rexional galega –que se celebrará en decembro- de Modern.
De xeito paralelo organízanse en horario de tarde partidas para os xogadores eliminados do torneo principal ou os que só poidan acudir pola tarde, donde terán a oportunidade de divertirse e tamén de gañar premios.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal