Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÚSICA, BAILE, EXHIBICIÓNS, UN XANTAR COMUNITARIO E DEMOSTRACIÓNS DE ARTESANÍA, NO "VI ENCONTRO MUNICIPAL INTERXERACIONAL"
MÚSICA, BAILE, EXHIBICIÓNS, UN XANTAR COMUNITARIO E DEMOSTRACIÓNS DE ARTESANÍA, NO
A cita desenvolverase no paseo marítimo de Xuvia o vindeiro 18 de xuño e a programación sucederase en horario de mañá e tarde, tal e como indicou a edil de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 8 de xuño de 2017. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, presentou esta mañá o programa de actos da sexta edición do “Encontro Municipal Interxeracional”, que se celebrará o vindeiro 18 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, en horario de mañá e tarde. Música, desfiles, bailes e un xantar comunitario formarán parte das actividades que se sucederán durante toda a xornada. Medio milleiro de persoas adquiriron os tickets para degustar o menú que servirá unha empresa de cátering baixo unha carpa. As persoas que queiran mercar os que quedan dispoñibles, tal e como recordou Sabio, poden aínda facelo a partir do vindeiro luns, día 12, no Restaurante A Trasanquesa (Sedes), que se encargará do cátering. O prezo é de 17 euros por persoa para un menú a base de langostinos, callos, carne asada, proia, bebida, café e chupito.
O Encontro comezará ás 11.15 horas para, a partir das 11.30, dar paso ás actuacións da mañá, que se iniciarán con Cancións de animación –ata as 11.40-; e seguirán cun desfile de confección con roupa realizada nun curso de costura para integración laboral; musicoterapia (con persoal do programa municipal “Envellecemento activo”); zumba (AVV da Gándara); danza oriental; as actuacións das Cantareiras do Val, de Jolly Jumper e dun grupo musical; acordeonistas e a actuación da Coral Municipal (tamén do programa de “Envellecemento activo”). Ás 14.00 horas terá lugar o xantar comunitario.
O programa de actividades retomarase de novo pola tarde, a partir das 15.40, coa música de Jolly Jumper. Seguirá a xornada coa actuación dun grupo musical; unha exhibición de zumba e outra de baile latino (ambas a cargo da AVV do Alto); unha nova actuación musical e unha sesión de Agility (programada por Aspanemi), para pechar os actos cunha exhibición de judo (AVV do Alto) entre as 17.30 e as 18.00 horas.
As persoas que acudan a este Encontro terán ademais a oportunidade de ver diversas exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía, tanto en horario de mañá –de 11.15 a 14.00 horas- como de tarde –de 16.00 a 19.00-. A edil naronesa explicou que participarán a Asociación Virutas, cunha mostra de torneado artístico da madeira; a Asociación ASCM, cunha de pintura e instalando unha mesa informativa; e a Xuvenil Gaikai, cunha mostra de xogos de mesa orientais. Amosaranse tamén os traballos dos obradoiros de lecto- escritura e memoria dos centros comunitarios de Narón; os de debuxo realizados por persoal da AVV da Solaina e tamén haberá xogos de mesa, a cargo do Club de Xadrez Narón. A AVV de Sedes encargarase de amosar aos asistentes unha mostra de recuperación de cultivos e fiadora de lá; haberá mostras de encaixe de bolillos das entidades veciñais Virxe do Mar e da Gándara; unha mesa informativa da Asociación Nuestra Señora de Chamorro; unha asesoría de lactancia de Bbtta e tamén xogos adaptados, con Aspanaes.
Ao longo da mañá e da tarde a convocatoria programáronse roteiros de sendeirismo pola zona, para coñecer mellor o entorno natural e patrimonial, cun itinerario de dous quilómetros e que terán que contar cun grupo mínimo para celebrarse. Aquelas persoas interesadas en facer estes percorridos deben anotarse o mesmo día 18 na zona do paseo.
Así mesmo, a edil explicou que entre as 11.30 e as 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas haberá xogos inchables infantís, nas inmediacións da carpa instalada en Xuvia. Un grupo de monitoras encargarase de realizar algúns obradoiros –pintacaras, etc.- e de amenizar a xornada de xogos aos nenos e nenas.
A edil naronesa agradeceu a colaboración das entidades que, xunto co Concello, organizan a convocatoria. “Grazas a todas elas podemos convocar un ano máis este evento, concebido como unha xornada de convivencia e aberto á participación da cidadanía en xeral, independentemente de que asistan ou non ás actividades ou ao xantar comunitario”, apuntou Sabio. A concelleira de Promoción Social e Igualdade animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a este Encontro Municipal Interxeracional, “donde terán a oportunidade, tanto os maiores como os rapaces e rapazas, de ver o traballo realizado desde o Concello e varias asociacións ao longo do ano e gozar do entorno de Xuvia cos roteiros organizados, exhibicións e xogos, entre outras propostas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal