Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O XUVIÑO GASTRONÓMICO INAUGURARASE MAÑÁ NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
O paseo de Xuvia convertirase esta fin de semana en todo un referente para adegueiros do país, que levarán os mellores caldos a esta nova edición de Xuviño
Narón, 9 de xuño de 2017. O paseo marítimo de Xuvia acollerá esta fin de semana unha nova edición do Xuviño Gastronómico. O evento, no que participarán medio cento de adegueiros do país, inaugurarase mañá ás 11.00 horas e durante todo o día, e tamén o domingo día 11, sucederanse as actividades programadas para a ocasión desde o Concello. Talleres de catas, Túnel do viño e Cociña en Vivo forman parte das propostas do Xuviño Gastronómico. As persoas interesadas en degustar algún dos caldos que os adegueiros levarán a esta cita, de diversas Denominacións de Orixe –Ribeiro, Rioja, Ribera del Duero, Albariño, Ribeira Sacra, etc.- deberán adquirir os tickets que se venderán nun stand do paseo marítimo de Xuvia, a un prezo de dous euros –non se inclúe a copa-. A partir das 11.00 horas os asistentes poderán visitar os stands das adegas e degustar os seus caldos e entre as 14.00 e as 15.00 actuará o grupo “Sin tron ni son”. Xa pola tarde, ás 17.00 dará comezo o Túnel do Viño, unha das propostas máis novidosas desta edición, na que o recoñecido sumiller Alejandro Paadín será o encargado de realizar unha cata de viños, para grupos reducidos e que precisa inscrición previa na caseta de información. As sesión de Cociña en Vivo –que se retransmitirán por unha pantalla- terán lugar entre as 19.00 e as 20.00 horas e haberá degustacións previa invitación (os tickets entregaranos os propios representantes das adegas entre a súa clientela). Os encargados de cociñar serán Miguel Cano e José Sola, dous prestixiosos cociñeiros do Grupo Raza Nostra, unha das empresas máis recoñecidas do país de venda de carne de razas autóctonas e cun céntrico restaurante en Madrid. Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, actuará o grupo Blackjack. O Xuviño Gastronómico continuará o domingo a partir das 11.00, cando reabrirán os seus postos os adegueiros. Ás 12.00 haberá un Taller de cata con Alejandro Paadín –tamén previa inscrición- e de 14.00 a 15.00 horas actuará de novo o grupo musical Blackjack. O programa da tarde do domingo comezará co Túnel do viño ás 17.00 –para o que é preciso inscribirse se se quere participar na Cata de viños- e novas sesión de Cociña en vivo con degustacións entre as 19.00 e as 20.00 horas. Antes de clausurar o evento prepararase unha queimada que se ofrecerá de balde aos asistentes, e tamén actuará o grupo musical Albatros. A oferta do Xuviño inclúe ademais un apartado gastronómico, no que participarán cinco food trucks: Toloache –que preparará comida mexicana-, La Carnioneta –con diferentes variedades de carne-; El Chef Nómada –con platos de “comida rápida gourmet”-; La Pulponeta –con pulpeiros- e, no apartado de doces, Crema de Cielo. Os nenos e nenas disporán dun espazo con xogos e inchables no que poderán gozar durante a fin de semana.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal