Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA A BONIFICACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
As persoas interesadas en solicitar estas axudas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do 13 de xuño, para presentar no Concello a documentación requerida
Narón, 13 de xuño de 2017. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte o anuncio da convocatoria pública de axudas do Concello para bonificar o menú diario do servizo de comedor escolar no período de xaneiro a xuño deste ano, aprobada na Xunta de Goberno Local o pasado 1 de xuño. Poderán solicitar estas axudas as persoas empadroadas en Narón con fillos matriculados en colexios privados concertados que imparten segundo ciclo de Infantil, educación Primaria ou ESO localizados en Narón e usuarios do citado servizo. Tamén poderán facelo aquelas familias empadroadas en Narón e con fillos escolarizados en centros concertados fóra do municipio por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación, sempre que teñan o citado servizo neses centros. As axudas diríxense prioritariamente a familias con menores, con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral. O orzamento máximo do Concello destinado a estas subvencións é de 16.000 euros, que se concederán ás familias en función do número de integrantes da unidade de convivencia e do tope de ingresos. O prazo de solicitude é de quince días naturais, contados a partir de hoxe, tal e como se especifica no BOP. As persoas interesadas en acollerse ás axudas deben cubrir unha instancia que poden recoller no Rexistro municipal, no Servizo Sociocomunitario –no primeiro andar do Concello- ou descargar a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/modelo-solicitude-comedor-escolar-2017.pdf e entregala no Rexistro municipal, de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.00.
Descarga de archivos
Instancia solicitude
Tamaño:371,15 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal